Suba dos becerros de recría e baixada do vacún maior en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA celebrou hoxe unha sesión marcada pola suba de prezos nos becerros de recría, especialmente nos pintos, mentres que caeron as cotizacións no vacún maior.

En concreto, nos xatos frisóns machos de 21 a 50 días o prezo medio pasou de 291 da pasada semana a 312 euros deste martes. Nos de cruce, na mesma categoría o prezo medio foi de 637 euros os machos e 465 as femias, fronte aos 615 e 460 euros, respectivamente, da sesión anterior. Pola contra houbo baixada nos de cruce de máis de 50 días: os machos pagáronse de media a 861 euros e as femias as 628 euros (905 e 666 euros a semana pasada).

Nos becerros carniceiros houbo baixada nos de cruce e subas nos de Rubia Galega. En concreto, nos cruzados o prezo medio foi 1550 euros os machos e 1203 euros as femias, fronte aos 1550 e 1226 euros, respectivamente, da pasada semana. E en Rubia Galega os machos pagáronse de media a 1716 euros a a 1530 as femias, fronte aos 1588 e 1431 euros do pasado martes.

No vacún maior houbo baixada de prezos: Na categoría Extra a media foi de 2261 euros (184 menos), na de primeira 1217 euros (27 menos) e na segunda 797 (37 menos).

PORCINO SILLEDA ABRIL 25

Mesas de prezos

Nas mesas de prezos de hoxe, houbo subas en porco cebado, en tanto leitóns e ovos repiten cotizacións.

VACUN SILLEDA ABRIL 25

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información