Os prezos do vacún na Central Agropecuaria de Galicia caracterizáronse, ao igual que a pasada semana, pola tendencia á suba nos prezos dos becerros de recría. Nas vacas de desvelle e nos becerros carniceiros os prezos baixaron, ao igual que na mesa de prezos dos ovos.
En concreto, a cotización media dos becerros de recría pasou dos 223 € da pasada semana aos 242 do día de hoxe. Por categorías no de raza Frisona os prezos medios foron de 114 € para os xatos de menos de 20 días; 146 para os de 21 a 50 e 157 euros para os de máis de 51 días. O pasado martes as cotizacións foron de 113, 133 e 144 euros, respectivamente.
Nos becerros de recría de cruce industrial, só baixaron os machos de entre 21 e 50 días: 333 , fronte aos 354 da semana anterior. Nos de menos de 20 días a suba media foi de 14 euros e nos de máis de 51 días a alza foi maior: 36 euros máis para os machos e 18 para as femias, con respecto á semana pasada.
Pola contra, nos becerros carniceiros a cotización media foi á baixa: 731 euros fronte aos 812 da semana anterior. Aínda que menos, tamén baixou algo o vacún maior, agás as vacas de desfeito.
As cotizacións do vacún quedaron do seguinte xeito:
Baixada en ovos, e sen cambios en coellos e galiñas de desvelle
Nas mesas de prezos, acordouse baixar as cotizacións medias dos ovos un 0,02%. Deste xeito, os ovos quedaron nos 1,28 euros a ducia para a categoría XL; 1,08 € a ducia para a categoría L; 0,96 para a M, e 0,81 € a ducia para os de clase S. En canto ás galiñas de desvelle,mantivéronse sen cambios.
Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, as cotizacións tamén se mantiveron sen cambios con respecto á semana pasada, nos 1,50 €/kilo.
Sen cambios nos prezos do porco cebado
Despois da baixada da semana pasada, este martes a mesa de prezos de porcino decidiu manter os prezos do porco cebado.
En canto aos principais mercados europeos, os prezos subiron un 0,02% en Alemaña e Holanda e mantivéronse estables no resto.
En canto aos leitóns, non experimentaron cambios de prezos.
As cotizacións de porcino cebado quedaron do seguinte xeito:
Suspensión dalgúns mercados en xuño
Por motivo de utilización das naves coa Feira Semana Verde de Galicia.
suspéndense os seguintes mercados:
- Martes 9 de xuño (Tódalas subastas)
- Martes 16 de xuño (Só se realizará a subasta de recría)