As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia caracterizáronse pola suba nos prezos dos tenreiros de recría de raza Frisona. Os prezos do vacún maior experimentaron unha lixeira baixada ao igual que os becerros de recría de cruce industrial.
Deste xeito, nos tenreiros de Frisoa, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 78 euros, fronte aos 81 do pasado martes. Sen embargo, a cifra representativa, é a dos de 21 a 50 días, con diferenza a categoría máis numerosa, onde a media foi de 108 euros por xato, fronte aos 98 da semana pasada. E nos tenreiros de máis de 51 días: 152 euros de media por animal fronte aos 134 do pasado martes.
Nos tenreiros de recría de Cruzamento industrial a tendencia foi á baixa na categoría máis numerosa a de 21 a 50 días, na que o prezo medio foi de 325 euros, fronte aos 365 do pasado martes. Pola contra subiu nas restantes categorías: nos de menos de 20 días o prezo medio foi de 379 euros e nos de máis de 51 situouse esta xornada nos 468. A pasada semana os prezos foron de 277 e 453 €, respectivamente.
No vacún maior os prezos caeron lixeiramente. Deste xeito quedaron en 1.094 euros de media en categoría primeira, 698 en segunda -a máis numerosa- e 433 nas de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.016, 708 e 443 euros, respectivamente.
As cotizacións quedaron da seguinte maneira:
Ovos e coellos sen cambios
Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos da pasada semana. Así a ducia de XL quedou en 1,15 euros; a L nos 1,05 euros; a categoría M segue nos 0,95 euros mentres que para a S a cotización segue nos 0,85 euros por ducia de ovos.
Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, os prezos mantivéronse nos 1,30 €/quilo.
Soben o porco cebado e os leitóns
A mesa de prezos acordou hoxe subir as cotizacións do porco cebado. Deste xeito, a categoría Selecta sube un 0,005% ata os 0,940 euros por kilo; idéntica suba se acordou para a categoría normal, que se sitúa nos 0,915 euros por kilo, mentres que para o Canal II a suba acordada foi do 0,006%, ata os 1,188 euros por kilo. En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, as cotizacións mantivéronse estables nos 1,31 euros o quilo. No resto de países da Unión Europea os prezos subiron lixeiramente ou permaneceron estables.
En canto aos leitóns acordouse unha semana máis subir os prezos, desta vez un 1%. Deste xeito quedaron nos 44 euros os procedentes de varias explotacións e nos 49 euros os procedentes dunha única explotación.
Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira: