As cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca deste martes caracterizáronse pola estabilidade nos prezos do porcino e dos ovos, mentres que en vacún a tendencia foi a unha lixeira suba nos becerros de recría de Frisón, así como unha baixada no vacún maior, mentres que os becerros de recría de Cruce experimentaron altibaixos segundo a categoría.
En concreto, nos tenreiros de recría de raza Frisoa os prezos este martes subiron en case todas as categorías. Así, na de menos de 20 días, a cotización media remontou lixeiramente ata os 167 euros, fronte aos 165 da pasada semana. Na de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa, a media tamén subiu ata os 185 euros por xato, tres máis que o pasado martes. Pola contra, na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, os prezos baixaron ata os 202 euros, sete menos que a semana anterior.
Nos becerros de Cruzamento industrial, as oscilacións nos prezos oscilaron claramente segundo a categoría. Así, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias subiron nos machos ata os 298 euros, fronte aos 236 da pasada semana. Sen embargo, na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos caeu ata os 327 euros de media, fronte aos 372 do pasado martes. Nas femias, o prezo medio baixou pero menos: 234 euros, fronte aos 237 da anterior poxa. E nos xatos de máis de 51 días o prezo medio subiu nos machos ata os 455 euros, fronte aos 407 euros de media da pasada semana. Nas femias, pola contra, caeu dos 359 aos 331 euros.
No vacún maior a tendencia xeral foi a unha leve baixada dos prezos. Deste xeito, quedaron en 1.093 euros de media en categoría primeira, 711 en segunda -a máis numerosa- e 426 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.077, 727 e 441 euros, respectivamente.
As cotizacións quedaron da seguinte maneira:
Baixada nos ovos e sen cambios no coello
Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter as cotizacións nas categorías XL nos 1,40 euros a ducia e na L nos 1,31 euros. Pola contra a M e a S baixaron un 0,02% ata os 1,21 e 0,98 euros a ducia, respectivamente.
Nos coellos, na Lonxa de Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, acordouse manter os prezos nos 1,60 euros o quilo.
Sen cambios no porco cebado e baixada nos leitóns
En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou por segunda semana consecutiva manter sen cambios as cotizacións. Así, nas categorías Selecta e Normal as cotizacións quedaron nos 1,415 e 1,390 euros por quilo, respectivamente; a Canle II nos 1,805 euros por quilo e o desvelle mantívose tamén sen cambios nun intervalo de prezos de entre 0,92 e 0,98 euros o quilo.
En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, as cotizacións tamén se mantiveron sen cambios nos 1,760 euros o quilo. No resto de países da Unión Europea as cotizacións mantivéronse estables ou baixaron.
En canto aos leitóns, acordouse, tras varios meses de subas, baixar as cotizacións un 1% ata os 61 euros para os procedentes de varias explotacións e os 66 euros para os procedentes dunha única explotación.
Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:
Suspéndense os mercados do 6 e do 13 de xuño
Polo demais, a Central Agropecuaria de Galicia/Abanca informa de que debido á celebración da feira Abanca Semana Verde suspéndense os mercados dos martes 6 e 13 de xuño. Só se celebrará a subasta de becerros de recría do martes 13 de xuño e a rcepción de animais será a partir das 20 h. da tarde do luns día 12.