Suba dos becerros de recría de cruce en Silleda

O vacún maior mantense estable, mentres que o porco cebado segue á baixa. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 4 de novembro

Suba dos becerros de recría de cruce en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia, en Silleda, caracterizáronse pola suba nos prezos dos becerros de recría de cruce industrial, mentres que os de raza Frisona tamén subiron, agás os xatos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa.

Deste xeito, nos tenreiros de Cruce, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 345 euros, mentres que os de 21 a 50 días -a categoría máis numerosa-, cotizáronse a 365 e a 472 euros os de máis de 51. A pasada semana os prezos foron de 342 342 e 471 €, respectivamente.

Nos becerros de recría de Frisona, a tendencia foi á baixa nos machos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, que se pagaron a unha media de 110 euros. Pola contra, os de menos de 20 días subiron a 116 euros, e os de máis de 51 días pagáronse a unha media de 155 euros. A pasada semana os prezos foron de 67, 118 e 123 €, respectivamente.

No vacún maior os prezos medios mantivéronse practicamente iguais aos da pasada semana. Así, en Categoría Primeira pasaron de 1.095 euros a 1.118 €, mentres que as vacas de Segunda, a categoría máis numerosa das tres, pagáronse a unha media de 691 €, nove menos que a pasada semana. Nas vacas de desvelle subiu o prezo medio a 424 euros de media, fronte aos 399 do pasado martes.

As cotizacións quedaron do seguinte xeito:

COTIZACIONS_SILLEDA_VACUN_4_NOV_2015

Suba en ovos e coellos

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos: as categorías XL e S quedaron en 1,55 e 1,06 euros a ducia, respectivamente, mentres que a L subiu un 0,01% ata os 1,34 € e a M un 0,02% ata os 1,23 € a ducia.

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, acordouse subir os prezos un 0,05% ata os 1,85 €/kilo.

Baixada no porco cebado

En porcino, a mesa de prezos acordou unha semana máis baixar as cotizacións unha media do 0,03% nas categorías Normal e Selecto, e un 0,039% na Canle II. Nos principais produtores de porcino da UE, Alemaña e Dinamarca, os prezos tamén baixaron esta semana: un 0,04 e un 0,03%, respectivamente.

En canto aos leitóns acordouse manter os prezos da pasada semana, de xeito que quedaron nos 24,5 euros os procedentes de varias explotacións e nos 29,5 euros os procedentes dunha única explotación.

As cotizacións de porcino cebado quedaron do seguinte xeito:

COTIZACIONS_SILLEDA_PORCINO_4_NOV_2015

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información