Suba dos becerros de recría de cruce en Silleda

Suba dos becerros de recría de cruce en Silleda

Os becerros de recría, sobre todo os de cruce, experimentan unha leve suba de prezos, mentres que vacún maior e becerros de recría de Frisón presentaron altibaixos segundo a categoría. Sen cambios no porco cebado e nos leitóns e suba nos ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 5 de decembro

A xornada deste martes da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca caracterizouse pola suba dos becerros de recría de Cruce, mentres que nos de raza Frisona e no vacún maior, houbo altibaixos segundo as categorías. Bacoriños e porco cebado permanecen sen cambios e soben os ovos.

Así, nos becerros de recría, os de raza Frisoa en xeral tenderon á baixa, pero con excepcións. En concreto, na categoría de menos de 20 días a cotización media subiu ata os 107 euros por xato, catro máis que na poxa do pasado martes. Pero na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa e representativa, os prezos caeron ata unha media de 135 euros por xato, seis menos que a pasada semana. Sen embargo, na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, o prezo medio subiu ata os 146 euros de media, fronte aos 144 do pasado martes.

Nos becerros de Cruzamento industrial a tendencia xeral dos prezos foi máis claramente á alza. Así, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias subiron nos machos ata os 339 euros, fronte aos 310 da pasada poxa. Nas femias subiron tamén ata media de 261 euros, fronte aos 233 da pasada semana. E na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos subiu ata os 400 euros de media, fronte aos 343 do pasado martes. Nas femias tamén houbo suba: pagáronse a 258 euros de media, fronte aos 247 do pasado martes. Sen embargo, no xatos de máis de 51 días os prezos baixaron nos machos ata unha media de 441 euros por animal, fronte aos 460 euros de media da última poxa. As femias experimentaron tamén unha clara baixada ata os 269 euros de media, fronte aos 401 da pasada semana.

SILLEDA_vacun_decembrO_17_1

Sen cambios en porcino e suba nos ovos

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos da pasada semana nas categorías XL e S, que quedaron en 1,87 e 1,39 euros a ducia, respectivamente. Para as categorías L e M acordouse unha suba de 0,01 euros, quedando a ducia en 1,81 e 1,71 euros, respectivamente.

Na Lonxa de Madrid  o coello baixou 0,15 euros, quedando en 1,90 euros o quilo.

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou tamén manter as cotizacións sen cambios. Así, as categorías Selecta e Normal quedaron nos 1,110 e 1,085 euros por quilo, respectivamente. A Canle II mantense nos 1,409 euros por quilo e no desvelle, as cotizacións mantivéronse sen cambios nun intervalo de prezos de entre 0,72 e 0,78 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa, o porco cebado permaneceu estable nos 1,450 euros o quilo, mentres que no resto de países da Unión Europea a tendencia foi tamén á estabilidade ou a lixeiras baixadas.

En canto aos leitóns, acordouse manter as cotizacións nos 38 euros para os procedentes de varias explotacións e os 43 euros para os procedentes dunha única explotación.

SILLEDA_PORCINO_decembrO_17_1

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información