Suba dos becerros de cruce e baixada dos frisóns en Silleda

A sesión deste martes na Central Agropecuaria de Galicia estivo marcada pola suba dos becerros de recría de cruce e dos carniceiros e pola baixada dos de raza Frisoa. Sen cambios no porco cebado, baixada nos ovos e suba nos leitóns

Suba dos becerros de cruce e baixada dos frisóns en Silleda

A sesión deste martes na Central Agropecuaria de Galicia-Abanca estivo marcada pola suba dos becerros de recría de cruce e dos carniceiros e pola baixada do vacún maior e dos becerros de recría de raza Frisoa. Sen cambios no porco cebado, baixada nos ovos e suba nos leitóns.

En concreto, en gando vacún, nos becerros de raza Frisoa, baixaron os prezos en todas as categorías. A menor caída foi nos animais de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa deste mercado, onde o prezo medio foi de 104 euros por xato, 1 menos que no anterior mercado. Sen embargo, na categoría de menos de 20 días a media foi de 73 euros por animal, 16 menos que a pasada semana. E nos becerros de máis de 50 días o prezo tamén baixou ata os 120 euros de media por animal, fronte aos 128 da anterior poxa.

Pola contra, nos becerros de cruzamento industrial a tendencia foi á alza, pero con excepcións. Así, os prezos dos xatos de entre 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, situáronse nos machos en 338 euros, 9 menos ca na sesión anterior. Nas femias houbo unha suba de 5 euros de promedio, quedando nunha media de 219 euros por becerra. Nos xatos máis novos, con menos de 20 días, o prezo medio nos machos remontou ata os 324 euros, fronte ós 284 euros que se pagaron na última poxa. As femias tamén subiron: de 191 euros a semana pasada a unha media de 215 este martes. Nos becerros de máis de 50 días os machos tamén subiron ata situarse nunha media de 425 euros por animal, fronte aos 406 da sesión anterior, mentres que nas femias a media caeu ata os 289 euros por becerra, fronte aos 296 do pasado martes.

En canto ós becerros carniceiros de cruzamento industrial, rexistraron esta semana unha suba do prezo nos machos, cotizándose a unha media de 835 euros por animal, fronte aos 820 da lonxa pasada. As femias tamén subiron ata os 757 euros de media, 26 que na última sesión.

No que atinxe ó vacún maior, a tendencia foi á estabilidade. Así, na de segunda, a categoría máis numerosa, os prezos medios mantivéronse sen cambios nunha media de 723 euros por animal. Nas vacas de primeira a media foi de 1078 euros, un menos que na anterior poxa. E o desvelle subiu ata unha media de 462 euros por animal, 20 máis que a semana anterior.

SILLEDA_19_2_1_VACUN

Sen cambios no porco cebado, baixan os ovos e suba dos leitóns

En canto ó porco cebado, mantivéronse unha semana máis os prezos estables en todas as categorías. Así, o selecto e o normal quedaron nos 1,070 e en 1,045 euros o quilo, respectivamente. Na categoría de Canle II o prezo mantense en 1,357 euros o kilo, mentres que a categoría de desvelle queda nun intervalo de entre 0,49 e 0,55 euros o quilo.

Polo que respecta ao leitón, subiron esta semana 1 euro. Así, o prezo do bacoriño medio de 20 kilos queda nos 55 euros para os animais procedentes de varias explotacións e nos 60 euros para os dunha única granxa. En prezo por kilo sitúase en 2,75 e 3,00 euros respectivamente.

No referido ós ovos houbo baixada en todas as categorías: Para a XL e a S a baixada foi de 0,02 euros, quedando a ducia en 1,46 e 0,77 euros, respectivamente. Para a L e a M a baixada foi de 0,03 euros, situándose nos 1,02 e 0,92 euros a ducia, respectivamente.
.
A galiña de desvelle mantense sen cambios nun intervalo de entre 0,09 e 0,16 euros o quilo.

Por ultimo, no coello a súa cotización mantense baixa. Así, o quilo desta carne na Lonxa de Madrid queda nos 1,70 euros.

SILLEDA_19_2_1_PORCINO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información