Suba dos becerros carniceiros e dos pasteiros en Silleda

No vacún maior, repunta a categoría extra, en tanto baixan lixeiramente o resto de categorías

Nave de vacún maior este martes en Silleda

Nave de vacún maior este martes en Silleda

A Lonxa de Silleda pechou esta semana cunha tendencia de prezos medios á alza en becerros carniceiros e pasteiros, en tanto en vacún maior os animais de categoría extra repuntaron por riba dos 140 euros. O resto de categorías de vacún maior baixou lixeiramente de prezo en relación á anterior sesión.

No mercado desta semana non entrou recría e, por tanto, non houbo poxa. Dende a organización lembran que esta suspensión xa fora anunciada con antelación pola proximidade co festivo do día 15.

En becerros carniceiros, os cruces machos subiron de media arredor de 120 euros e os rubios uns 70. Só se produciu unha lixeira baixada nos cruces femias (-16 euros).

Nos pasteiros, os cruces machos subiron tamén por riba dos 120 euros, e tamén repuntaron os rubios, se ben con escasa afluencia esta feira. Por contra, os pasteiros de cruce femias perderon máis de 60 euros.

prezos silleda 11

No que respecta ás mesas de prezos de porcino, mantivéronse os prezos da sesión anterior, cunha pequena suba de 6 céntimos no caso dos animais de desvelle. Por canto a galiñas, ovos e coellos, os prezos foron os mesmos que a pasada semana,

Pódense consultar todas as cotizacións no seguinte enlace:

SESION SILLEDA 11 AGOSTO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información