Suba dos becerros carniceiros de Rubia Galega e do vacún maior en Silleda e baixada do gando porcino

Captura de pantalla 2025-08-12 173024A sesión deste martes na Central Agropecuaria de Galicia-Abanca caracterizouse pola suba dos becerros carniceiros de Rubia Galega e do vacún, algo habitual nestas semana de días festivos. Hoxe non se celebrou a poxa de becerros de recría, só asistiron pasteros (becerros de máis de 50 dias). Nas mesas de prezos, baixada do porcino e sen cambios nos ovos.

Polo que respecta aos becerros carniceiros, nos de cruce os prezos medios foron de 1501 e 1256 euros por animal, fronte aos 1607 e 1301 euros, respectivamente da semana pasada. Pola contra, en Rubia Galega houbo unha clara suba: 1786 euros de media nos machos este martes e 1714 euros nas femias, fronte aos 1662 e 1508 da semana pasada.

Por último, no vacún maior, a tendencia foi á alza na categoría Extra (+145 euros), a máis numerosas, mentres que en Primeira o prezo medio baixou 9 euros en relación á semana pasada.

Baixada no porcino

Captura de pantalla 2025-08-12 173034

As mesas de cotizacións do porcino mantivéronse sen cambios nos leitóns. Os exemplares chegados dunha única granxa están nos 56 euros (cun prezo de 2,80 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 51 euros e cun prezo por quilo de 2,55 euros.

Nos animais cebados, o porco selecto e o normal teñen un valor de 1,765 e 1,740 euros o quilo, respectivamente, cunha baixada de 0,030 euros por quilo respecto ao pasado martes. Os porcos de Canal II están a 2,260 euros, 0,039 euros menos. Os animais de descarte cotízanse, sen cambios, a entre 0,70 e 0,76 euros o quilo.

O mercado do ovo mantense sen cambios en tódalas categorías. Así, os XL quedan nos 3,35 euros a ducia; os L en 2,85 euros; os ovos da M a 2,68 euros e os da S páganse a 2,36 euros a ducia. As galiñas de descarte semipesadas mantéñense sen variacións e cotízanse entre os 0,36 e os 0,44 euros o quilo.

O prezo do coello está nos 2,3 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información