As cotizacións do vacún na Lonxa de Silleda deste martes caracterizáronse pola oscilacións, con lixeiras subas e baixadas, quedando os prezos do seguinte xeito:
Subas nas mesas de prezos de galiñas e ovos e estabilidade no coello
Nas mesas de prezos as cotizacións medias das galiñas e os ovos experimentaron unha lixeira suba con respecto á pasada semana. Os ovos nas categorías L, M e S subiron un 0,020%, idéntica porcentaxe que nas últimas semanas. Deste xeito quedaron nos 1,33 € a ducia para a categoría L; 1,31 para a M, e 1,14 € a ducia para os de clase S.
Nos coellos as cotizacións mantivéronse sen cambios, nos 1,50 €/kilo. Pola contra en Madrid subiron un 0,12% ata os 1,62 €/kilo.
Os bacoriños seguen subindo mentres que a cotización do porco cebado recupérase debilmente
En canto aos leitóns, a mesa de prezos da Central Agropecuaria de Galicia acordou unha nova suba. Partindo da base de 20 kg de peso, a suba foi do un 1% até os 56 € para os bacoriños procedentes dunha única explotación e os 51 € para os procedentes de varias, acumulando deste xeito xa varias semanas de incrementos.
En canto ao porco cebado, acordouse unha lixeira suba do 0,02% no prezo do porcino, en consonancia coas cotizacións dos mercados español e europeo, onde se mantiveron estables ou subiron na mesma porcentaxe.
Os prezos quedaron do seguinte xeito: