As cotizacións do vacún na Lonxa de Silleda deste martes caracterizáronse pola estabilidade, quedando os prezos do seguinte xeito:
Estabilidade nas mesas de prezos de coello, galiñas e ovos
Nas mesas de prezos as cotizacións medias das galiñas e os ovos mantivéronse prácticamente sen cambios con respecto á pasada semana. Os ovos nas categorías L subiron un 0,020% até os 1,31 € a ducia, mentres que nas categorías M e S subiron a mesma porcentaxe até os 1,29 e 1,12 €, respectivamente.
Nos coellos as cotizacións mantivéronse sen cambios, nos 1,50 €/kilo.
Os bacoriños seguen coa forte suba de prezos mentres que a cotización do porco cebado recupérase débilmente
En canto ao porcino, a mesa de prezos da Central Agropecuaria de Galicia acordou unha nova suba. Partindo da base de 20 kg de peso, a suba acordada foi notablemente maior, un 5% até os 55 € para os bacoriños procedentes dunha única explotación e os 50 € para os procedentes de varias, acumulando deste xeito xa varias semanas de subas.
En canto ao porco cebado, acordouse unha lixeira suba do 0,04% no prezo do porcino, en consonancia coas cotizacións dos mercados español e europeo.
Os prezos quedaron do seguinte xeito: