Suba de Ternera Gallega en Amio

Actualizamos os datos do 15 de setembro de 2021 no vacún galego

Suba de Ternera Gallega en Amio

A Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega acordou esta semana unha suba de 2 céntimos nas canais de todas as categorías e calidades da Indicación. En canto ó resto de gando, no mercado de Amio desta semana mantivéronse os prezos en todos os tipos de gando en relación á sesión anterior, segundo unha sondaxe realizada polo propio Mercado entre as persoas usuarias. Ademais, aconteceu unha suba de 5 euros en toda a recría de razas de Cor (decostrados, lactantes e destetados).

A asistencia de gando ó mercado desta semana foi de 1.965 reses, 59 máis que a pasada semana. Por categorías, houbo 1.620 cabezas de vacún menor, 143 de vacún mediano e 202 de vacún grande.

Máis información: 
 Táboa das cotizacións de Amio (15-VIV-2021).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información