Suba de Ternera Gallega e Suprema en Amio

Actualizamos os datos do 29 de setembro de 2021 no vacún galego

Suba de Ternera Gallega e Suprema en Amio

A Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega acordou esta semana unha suba de 3 céntimos en tódalas canais da categoría Suprema e 5 céntimos nos de Ternera.

En canto ó resto de gando, no mercado de Amio desta semana mantivéronse os prezos en todos os tipos de gando en relación á sesión anterior, segundo unha sondaxe realizada polo propio Mercado entre as persoas usuarias. Ademais, en canto ao mediano matadeiro, aconteceu unha baixa de 10 céntimos nos prezos das canais de peso inferior a 180 kilos. 

Por razóns de axuste técnico, suben 25 céntimos os prezos das canais de vacún maior das clasificacións R, O e P.

A asistencia de gando ó mercado desta semana foi de 1.917 reses, 8 menos que a pasada semana. Por categorías, houbo 1.542 cabezas de vacún menor, 198 de vacún mediano e 177 de vacún grande.

Máis información: 
 Táboa das cotizacións de Amio (29-VIV-2021).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información