Suba de Ternera Gallega e baixada da recría en Amio

Suba de Ternera Gallega e baixada da recría en Amio

Imaxe do mercado de Amio. / Arquivo.

A Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordou esta semana unha suba de 5 céntimos en tódalas categorías e calidades de carne, tanto en Suprema como na categoría Ternera Gallega. Entre tanto, no mercado de Amio, unha sondaxe da organización entre as persoas usuarias permitiu concluír que baixan arredor de 10 euros os prezos do gando de recría tanto en frisona como en cruces.

O mercado tivo este mércores unha asistencia de 1.840 cabezas, 821 menos que a pasada sesión, cando o mercado tivera unha gran afluencia, motivada polos festivos da anterior semana. Houbo 1.499 cabezas de recría, 141 de vacún mediano e 200 de vacún grande.

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (31-VIII-2022).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información