Suba de prezos e gran asistencia de becerros de recría en Silleda

Nesta semana rexistrou o maior volume de transaccións de becerris de recría da súa historia, con 350.743 euros. A organización anuncia que o martes 13 de agosto cancélanse todas as poxas

Suba de prezos e gran asistencia de becerros de recría en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA rexistrou hoxe outra nova marca. Nesta ocasión, na categoría de becerros de recría, que alcanzou o maior volume de transaccións da súa historia, con 350.743 euros. Desta maneira, superáronse os 340.694 euros que se rexistraron o pasado 7 de maio. Esta nova marca foi motivada pola grande asistencia de animais desta categoría, a cal supuxo a terceira maior cantidade, con 979 exemplares. Esta cifra só foi superada o 7 de maio con 1.079 animais e o 31 de xullo de 2018, con 1.102.

Na xornada de hoxe, pasaron polo recinto un total de 1.360 reses, das cales foron adxudicadas 1.290. En canto aos prezos, en xeral houbo subas, aínda que nalgunhas categorías preséntase un lixeiro descenso.

Dende a organización anuncian que o martes 13 de agosto cancelaranse todas as poxas na Central Agropecuaria.

Prezos do gando
A continuación, facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que fai falta ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores.

Nos becerros de recría da raza frisoa, os de 15 a 20 días cotizáronse a 163 euros, 54 euros máis que a pasada semana; os de 21 a 50 días a 188 euros, o que supón un incremento de 175 euros, e os de máis de 50 días a 235 euros, subindo 63 euros. En canto aos de cruzamento industrial, os máis novos quedaron cun valor medio de 421 euros (+80 euros), mentres que as femias vendéronse a 278 euros (+27 euros). Os de 21 a 50 días chegaron aos 473 euros, cunha baixada de 15 euros, e as femias subiron 60 euros, até os 328 euros de prezo medio. Finalmente, os máis adultos alcanzaron un prezo medio de 625 euros (-144 euros) e as femias de 431 euros (-5 euros).
30_07_2024_page-0001
Nos becerros carniceiros, os machos de cruzamento industrial mantiveron o seu prezo medio nos 1.234 euros, mentres que as femias baixaron 49 euros (1.028 euros). Pola súa banda, os de Rubia Galega vendéronse a 1.292 euros de media os machos, o que supón un descenso de 103 euros e as femias baixaron o seu valor medio en 69 euros, até os 1.090 euros. Os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema mantivéronse igual nos 1.256 euros.

No vacún maior houbo suba de prezos en todas as categorías, fóra da extra, na que baixaron ata os 2.054 (-97 euros). A categoría primeira cotizouse a un valor medio de 1.161 euros (+33 euros); a segunda a 796 euros (+20 euros) e a de desfeito a 542 euros (+144 euros). Os animais vendidos baixo o selo de Vaca e Boi de Galicia baixaron en 343 euros o seu valor meido, fixando un prezo medio de saída de 1.460 euros.

Mesas de prezos
As mesas de cotizacións do porcino mantéñense igual que a semana pasada. Así, o porco selecto págase a 1,875 euros, normal a 1,85 euros, os de canle II a 2,403 euros e os de desvieje 0,81/0,87 euros.
30_07_2024_page-0002
Nos leitóns, os exemplares chegados dunha única granxa están nos 69 euros (cun prezo de 3,45 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 64 euros e cun prezo por quilo de 3,2 euros; ambos presentan unha baixada de 3 euros.

O mercado do ovo, os da XL subiron 0,02 e pagáronse a 2,85; os da L mantéñense igual (2,24); os da M baixaron 0,01 e quedan en 1,95 e, finalmente, os da o S mantéñense igual en 1,65.

O prezo do coello mantense igual e está nos 2,2 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información