Suba de prezos do vacún maior en Silleda nunha xornada de gran afluencia

É a segunda maior cifra da historia, motivada pola afluencia de 407 animais. A maior cifra rexistrouse en maio de 2022, con 735.809 euros

Suba de prezos do vacún maior en Silleda nunha xornada de gran afluencia

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA rexistrou esta mañá o seu segundo maior volume de transaccións na categoría de vacún maior da súa historia, con 668.361euros. A cifra foi motivada por unha importante afluencia, con 407 animais, e polo interese dos compradores cara a estas reses.

A maior cifra de transaccións da Central sitúase no 735.809 euro facturados o 3 de maio de 2022.

Na xornada de hoxe, hoxe un total de 1.140 animais, dos cales 1.095 foron adxudicados, unhas cifras similares ás da semana pasada. En canto aos prezos medios, houbo subidas en case todas as categorías de vacún maior e de tenreiros carniceiros.

Prezos do gando

A continuación, facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que fai falta ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores.

Nos becerros de recría da raza frisoa, os de 15 a 20 días cotizáronse a 149 euros, 15 euros menos que na semana pasada; os de 21 a 50 días descenden 11 euros e quedan en 179 euros de media e, pola contra, os de máis de 50 días soben ata os 216 euros, incrementado o seu valor en 24 euros.

10_09_2024_page-0001

En canto aos de cruce industrial, os máis novos quedaron cun valor medio de 375 euros (-46 euros), mentres que as femias vendéronse a 300 euros (+45 euros). Os de 21 a 50 días chegaron aos 462 euros, cunha suba de 16 euros, e as femias incrementaron 38 euros o seu prezo medio, que quedou nos 309. Finalmente, os máis adultos alcanzaron un prezo medio de 607 euros (-34 euros) e as femias de 393 euros (-49 euros).

Nos becerros carniceiros, os machos de cruzamento industrial incrementaron o seu valor medio en 68 euros e fixaron un prezo de 1.234 euros, mentres que as femias subiron ata os 1.043 euros (+147 euros). Pola súa banda, os de Rubia Galega vendéronse a 1.324 euros de media os machos (-1 euro) e as femias a 1.060 euros (-109 euros). Os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema quedan cun valor medio de 1.250 (+103 euros).

No vacún maior houbo suba de prezos en case todas as categorías, fóra da de desvelle, que baixaron 126 euros, ata os 352 euros. Así, na extra o incremento foi de 31 euros e quedou nos 2.218 euros de media e na primeira o aumento foi de 1 euro e fixou un valor medio de 1.163 euros. Finalmente, na categoría segunda ascenderon 27 euros e quedaron nesta semana nos 797 euros de media. Os animais poxados baixo o selo de Vaca y Buey de Galicia incrementaron o seu valor en 647 euros e fixaron un prezo medio de saída en 2.044 euros.

Mesas de prezos

As mesas de cotizacións do porcino baixan con respecto á pasada semana. Así, o porco selecto págase a 1,775 euros e o normal a 1,75 euros, ambos baixan 0,02. Pola súa banda, os de canle II páganse a 2,273 e baixan 0,026, mentres que os de desvelle quedan igual que a pasada semana, en 0,76/0,82.

Nos leitóns, os exemplares chegados dunha única granxa están nos 60 euros (cun prezo de 3 euros o quilo) e os animais procedentes de varias gandarías cotízanse a 55 euros e cun prezo por quilo de 2,75 euros.

10_09_2024_page-0002

O mercado do ovo queda igual á pasada semana: os da XL pagáronse a 2,88, os da L a 2,28, os da M quedan en 1,95 e, finalmente, os da o S en 1,66.

O prezo do coello mantense igual e está nos 2,2 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información