O Mercado de Amio rexistrou esta mañá unha subida de 5 euros de media nos becerros recría de Frisoa así como nos de cruces. Ademais, por axustes técnicos, o valor das femias de recría descostradas da Raza Rubia Galega subiu 20€.
As mesas de prezos de Tenreira Galega acordaron por maioría manter sen cambios os prezos da sesión anterior para todas as clases e as categorías desta carne.
En canto á asistencia houbo 1.605 reses, o que supón 141 máis que a sesión do pasado 8 de marzo. En concreto contabilizáronse 1.326 cabezas de vacún menor, 138 máis que na sesión anterior. Tamén se rexistrou un lixeiro aumento de 6 cabezas máis en vacún grande -chegando ás 179-, ao igual que houbo unha leve baixada de 3 animais en vacún mediano -o que se traduce na presenza de 100 animais-.