
Os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron por maioría subir 0,02 € por quilo os prezos das canais da categoría Suprema.
Foi a principal novidade no marco do mercado de Amio desta semana, pois no propio mercado, non houbo cambios de prezos respecto da sesión anterior. Así, segundo se deduce da habitual enquisa realizada pola organización entre as persoas usuarias do recinto feiral, mantivéronse os prezos da xornada previa para o gando de recría e o mediano e maior de matadoiro.
Sen embargo, percibiuse unha tendencia á baixada en canto as cotizacións dos exemplares de recría da raza frisoa.
A asistencia de gando foi algo maior e nesta sesión acudiron a Amio 1.354 reses, 41 máis que o pasado 9 de xullo. Houbo 1.142 cabezas de vacún menor (17 máis que na sesión anterior); 71 de vacún mediano (13 máis que na sesión anterior) e 141 de vacún grande (11 reses máis que na sesión anterior).
Pódense consultar as cotizacións da xornada na seguinte táboa:
Galego









Control OJD