Na sesión de hoxe do Mercado de Amio, os prezos do gando que concorreu ao recinto presentan unha subida de 0,10 euros os de todas as canles do vacún mediano e maior de matadoiro, segundo a valoración da organización. Ademais, en Ternera Gallega, os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida decidiron por maioría subir 20 céntimos os prezos de todas as categorías e calidades desta carne, coa finalidade de aproximalos aos prezos do gando noutras lonxas nacionais.
Finalmente, os datos de asistencia repuntan, chegando ás 1.910 reses, 1.310 máis que na do 5 de marzo, marcada polo Entroido. En detalle, houbo 1.696 cabezas de vacún menor (1.250 máis que na sesión anterior); 49 de vacún mediano (+188) e 165 de vacún grande (+42).
Máis información´