Suba de 2 céntimos en Ternera Gallega

Suba de 2 céntimos en Ternera Gallega

A Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega, que se celebra cada semana en paralelo ó mercado de Amio, acordou por segunda semana consecutiva unha suba de 2 céntimos en tódalas categorías e calidades da carne, tanto en Suprema como na categoría convencional de Ternera Gallega.

No mercado de Amio, unha sondaxe realizada pola organización entre as persoas usuarias permite concluír que os prezos de todo o gando manteñen valores similares ós da anterior semana, tanto en recría como en vacún maior e en becerros de abasto.

A asistencia de gando á sesión desta semana foi de só 285 reses, 1.861 menos que a pasada semana. Esta diminución tan acusada, segundo explican desde o Mercado, tivo que ver coa incertidume que había no sector do transporte de gando pola convocatoria de folga para esta semana, que finalmente non se levou a cabo.

Por categorías, houbo 68 cabezas de vacún menor, 105 de vacún mediano e 112 de vacún grande.

Máis información
Táboa de cotizacións de Amio (22-XII-2021).

Una idea sobre “Suba de 2 céntimos en Ternera Gallega

  1. Ivan

    Non estou de acordó ca informacion percibida Nesta noticia coa suba de precio cando estamos mais de dous meses por non decir mais que non se moven os prezos estou todas as semanas no mercado de amio un saludo

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información