Suba das vacas e baixada dos becerros carniceiros en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia non celebrou esta semana poxa de recría e mantivo tamén unha menor afluencia de xatos pasteiros

Na sesión deste martes na Central Agropecuaria de Galicia en Silleda, na que non houbo feira de gando de recría por coincidir a Semana Santa, houbo tamén unha moito menor afluencia de xatos pasteiros. En canto aos prezos, caeron lixeiramente os machos de cruzamento industrial, mentres se revalorizaron as femias. Os animais de raza rubia galega subiron notablemente nas dúas categorías. 

Silleda 31-3-26 pasteirosOs becerros carniceiros sufriron unha depreciación xeralizada. No caso dos animais frisóns, a caída nos machos foi de 50 euros de media, mentres que nos de cruzamento industrial a baixada foi de 30 euros e nos de raza rubia galega de 15 euros. 

Silleda 31-3-26 becerros carniceirosO vacún maior segue disparado, marcando prezos récord. A menor afluencia de vacas este martes, contribuiu á suba dos prezos. Os animais de categoría Extra (a maioría dos que acudiron á sesión desta semana clasificáronse deste xeito) pagáronse a 2.625 euros de media, 150 euros máis que a semana pasada, mentres que os de categoría Primeira baixaron 35 euros. 

Silleda 31-3-26 vacun maiorNas mesas de prezos do resto de especies gandeiras, continuou unha semana máis a recuperación de prezos do porcino cebado, que gañou outros 3 céntimos en quilo. Bacoriños, ovos, galiñas e coellos permaneceron estables, sen variacións nas cotizacións con respecto á semana pasada. 

Silleda 31-3-26 mesa de prezosDescarga as cotizacións completas desta sesión neste enlace

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información