Suba das vacas e baixada da recría e os becerros carniceiros en Silleda

O vacún maior de calidade volveu gañar outros 100 euros en animal, pagándose de media as vacas de categoría Extra a 2.600 euros. Os bos prezos están a animar ás ganderías leiteiras a engordar as súas vacas de desfeito antes de mandalas ao matadoiro

A Central Agropecuaria de Galicia rexistrou este martes o seu maior prezo medio na categoría de vacún maior, con 2.485,49€ (ata hoxe o máximo estaba nos 2.482,30€ do pasado 9 de decembro). Unha cotización media histórica que se reflectiu nas transaccións desta categoría, as cales foron as segunda máis altas en vacún maior na historia do mercado, con 1.019.049€ (a maior facturación está no 1.030.450€ do 17 de xuño do ano pasado).

Por outra banda, na categoría de becerros carniceiros, as transaccións foron as segundas máis altas, con 454.783€ (as máximas están nos 518.504€ do pasado 16 de decembro) debido á maior afluenza de animais, aínda que o prezo medio baixou. En canto ás transaccións totais da sesión, foron de 1.920.495€, as terceiras máis altas tras os 2.047.054€ do pasado 16 de decembro e o 1.952.514€ do 17 de xuño de 2025.

A sesión deste martes en Silleda foi sen embargo mala para a recría, que baixou en todas as categorías agás nos animais cruzados de máis idade, na que se produciu unha revalorización, tanto nos machos coma nas femias. Os becerros pintos e os de cruzamento industrial de dúas a tres semanas perderon, pola contra, uns 60 euros de media. 

Silleda 20-1-26 recriaOs becerros carniceiros tamén caeron de prezo, uns 50 euros por animal no caso dos machos e femias de cruce industrial, mentres que a rubia galega mantén as cotizacións con respecto á semana pasada. 

Silleda 20-1-26 becerros carniceirosNo caso do vacún maior, as vacas seguen en prezos de récord, cunha nova suba de case 100 euros nas de categoría Extra, que chegaron a cotizar de media nos 2.600 euros. A categoría Primeira mantivo prezos e as vacas de Segunda subiron lixeiramente, non calificándose ningún animal como vaca de desfeito.

Os bos prezos do vacún maior están a animar ás explotacións leiteiras a engordar ás súas vacas de desfeito

Silleda 20-1-26 vacun maiorPor último, nas mesas de prezos do resto de especies gandeiras, a sesión deste martes en Silleda foi plana tanto no porcino coma nos ovos, galiñas e coellos, que non se moveron dos niveis da semana anterior. 

Silleda 20-1-26 mesas de prezosDescarga o pdf completo das cotizacións deste martes neste enlace. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información