Suba das cotizacións na IXP Ternera Gallega e baixada dos prezos da recría en Amio

A cita dos mércores do Mercado de Amio, en Santiago de Compostela, celebrouse hoxe con normalidade, aínda que con menor afluencia de gando. Así, nesta xornada a asistencia foi de 1.200 reses, 217 menos que a da semana pasada.

En detalle, transcorreron 1.038 cabezas de vacún menor (229 menos que na sesión anterior); 38 de vacún mediano (11 animais máis) e 124 de vacún grande ( 1 máis).

Dunha enquisa entre as persoas usuarias do mercado tamén resulta unha tendencia á baixa nos prezos do gando de recría de raza Frisona, uns 20 euros menos por animal.

Pola súa parte, a Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega decidiu por unanimidade subir 0,04 euros os prezos de todas as canais de ambas as categorías, Suprema e Tenreira.

Captura de pantalla 2025-12-10 123033 Captura de pantalla 2025-12-10 122927 Captura de pantalla 2025-12-10 122956 Captura de pantalla 2025-12-10 123011

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información