Na cita deste 15 de outubro no Mercado Nacional de Gando de Amio, a Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega decidiu por unanimidade unha actualización dos prezos en tres fases, resultando a primeira nunha suba de 0,10 euros os prezos de todas as canais de ambas as categorías, Suprema e Tenreira.
Así mesmo, os prezos do gando que concorreu ao recinto feiral soben 0,10 euros por kilo de media os dos becerros carniceiros; 0,05 os de vacún maior e tamén se aprecia unha tendencia á alza nos precios da recría, segundo unha enquisa da organización entre compradores asistentes.
En canto á asistencia, destaca unha subida de 148 animais con respecto a anterior cita e rexistráronse así unhas 1.359 reses. En detalle, houbo 1.154 cabezas de vacún menor, é dicir, 129 máis que a semana pasada; 45 de vacún mediano (+10 animais) e 160 de vacún grande (+9 reses).
Velaquí as cotizacións de hoxe en Amio:

Galego








Control OJD