O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou este mércores as últimas cotizacións dos produtos lácteos, destacando a suba xeralizada, con maior intensidade no caso da manteiga, coa excepción do leite desnatado en pó, que baixa. O prezo do leite spot en Italia subiu lixeiramente ata os 0,555 euros o litro.
En concreto, no territorio da UE as cotizacións desta primeira semana de marzo para os produtos lácteos son as seguintes:
-Manteiga: 738 €/100 kg, +2,1 % nas últimas catro semanas, aínda que segue en máximos históricos
-Leite desnatado en po (SMP) 250 €/100 kg, -1,4 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 436 €/100 kg, + 0,8 % ,,
-Queixo cheddar: 471 € /100 kg -2,5% nas últimas catro semanas
Os custos de produción nas ganderías de vacún de leite da UE seguen baixando: un 2,9% menos no caso da alimentación e un 4,3% na enerxía, respecto a hai un mes.
En canto á situación dos principais países exportadores de lácteos, Estados Unidos é máis competitivo nos prezos da manteiga, do queixo e do leite en po desnatado, mentres que Nova Zelanda éo no leite en po enteiro.
Poxa de Fonterra
Por último, a poxa desta semana da cooperativa neozelandesa Fonterra rematou sen cambios no seu índixe xeral de prezos. En concreto, caeu a cotización do leite en po enteiro -o seu principal produto de exportación- nun 0,4 %, mentres que se rexistraron subas no caso do queixo (+1%), así como na manteiga (+1.1%) .
Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea