Suba das cotizacións do gando vacún en Silleda

Becerros carniceiros na Central Agropecuaria de SilledaA lonxa de Silleda rexistrou este martes unha suba significativa nos prezos medios do gando vacún, tanto en recría, becerros carniceiros e pasteiros e vacún maior, aínda que con excepcións. Nas mesas de prezos, o porco cebado e os leitóns seguen á alza e os ovos mantéñense sen cambios.

No caso da recría, os machos frisóns da categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa, cotizaron a 413 euros de media (un euro menos en comparación coa anterior sesión), mentres nos de cruce a suba foi máis clara: unha media de 806 euros o s machos (90 euros máis que na sesión anterior) e nas femias de 640 euros por animal (21 máis).

Pasteiros

Os pasteiros experimentaron unha clara suba, en comparación coas semanas previas. Os cruces machos cotizaron a 1.323 euros (+71 euros en comparación coa pasada semana), en tanto os rubios a 1.368 (+30 euros).

Vacún maior e becerros carniceiros

No caso dos becerros carniceiros, os cruces -a categoría máis numerosa- vendéronse onte a unha media de 1.671 euros (- 32), os machos e 1460 as femias (-112 e +13 euros, respectivamente) en tanto os rubios a 2072 (+ 106).

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA rexistrou hoxe a súa maior cotización na categoría de Vacún Maior, con 2.522,34€ (a anterior estaba nos 2.485,49€ do pasado 20 de xaneiro). Unha cifra motivada pola concorrencia hoxe de numerosos animais de gran calidade.

PREZOS SILLEDA VACUN MARZO 26

Porcino

Nas mesas de prezos de porcino, as cotizacións de porco cebado subiron 5 céntimos / Kg. e tamén cotizaron á alza os bacoriños (+ 5 euros / unidade).

PREZOS SILLEDA PORCINO MARZO 26

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información