Suba da recría, os becerros carniceiros e o vacún maior en Silleda

A maior demanda de animais na sesión deste martes debeuse a que a vindeira semana non haberá sesión da Central Agropecuaria de Galicia por mor da celebración da Semana Verde no recinto feiral de Silleda

A suspensión do mercado da semana que vén pola coincidencia da Semana Verde condicionou a sesión da Central Agropecuaria de Galicia, cunha maior demanda e con prezos á alza malia a maior afluenza de animais este martes en Silleda. Na recría, mantivéronse os prezos dos becerros frisóns, en tanto os cruzados aumentaron o seu valor, recuperando o terreo perdido a semana pasada. 

Silleda 26_05_2026 recriaNo que respecta aos xatos pasteiros, caeron con forza, unha media de 60 euros no caso dos de cruzamento industrial e máis de 150 euros os de raza rubia galega. 

Silleda 26_05_2026 pasteirosOs becerros carniceiros de cruzamento industrial revalorizáronse unha media de 60 euros por animal, en tanto a rubia galega baixou lixeiramente, mellorando o seu valor os animais clasificados dentro da categoría Suprema da IXP Ternera Gallega. 

Silleda 26_05_2026 becerros carniceirosO vacún maior tamén remontou, recuperando o terreo cedido a semana pasada polas vacas de categoría Extra, que subiron este martes case 100 euros de media, para volver pagarse por enriba dos 2.600 euros, mentres os animais de categoría Primeira non sufriron cambios, mantendo o nivel dos 1.400 euros. 

Silleda 26_05_2026 vacun maiorNas mesas de prezos das demais especies gandeiras, continúa unha semana máis a perda de valor dos bacoriños, que baixaron outros catro euros, e dos ovos, que baixaron 1 céntimo a ducia en todas as categorías e tamaños, que se suma aos 4 céntimos perdidos a semana pasada (2 céntimos no caso dos XL). O porcino cebado, os coellos e as galiñas de desvelle non sufriron cambios. 

Silleda 26_05_2026 mesas de prezosDescarga as cotizacións completas desta sesión neste enlacesubasta semana verde 2026

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información