Suba da recría en Amio e das cotizacións marcadas pola Mesa de Ternera Gallega

Suba da recría en Amio e das cotizacións marcadas pola Mesa de Ternera Gallega

O Mercado de Amio celebrou a súa segunda sesión de 2025 cunha suba de 10 euros nos prezos da recría no seu conxunto, con respecto aos prezos da sesión do 8 de xaneiro. Tamén destacan un incremento de 0,05 euros no valor das canles do vacún mediano e maior de matadoiro e vida.

Pola súa banda, os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron por maioría subir 0,03 euros os prezos de todas as canles da categoría Suprema e 0,05 euros o das de categoría Tenreira.

En canto á asistencia, concorreron un total de 1.663 reses, 854 máis que á da pasada semana, co que se retoma a cifra de concorrencia habitual despois do período do Nadal.

En detalle, houbo 1.401 cabezas de vacún menor, é dicir 903 menos que na sesión anterior; 81 de vacún mediano (+29) e 181 de vacún grande (+20).

Máis información

– Táboa completa de cotizacións (15-01-2025)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información