Soxberger, unha granxa austríaca que transforma o seu leite para vendelo a 3 euros o litro

O Biberbacher é un queixo fresco mestura de ovella e vaca tradicional da rexión do Mostviertel. Elabórase cun 51% de leite de ovella e un 49% de leite de vaca e véndese a 6 euros o kilo. Con 2 litros de leite faise un quilo de queixo

Alois Soxberger, no centro, xunto aos técnicos e gandeiros galegos que visitaron a granxa no mes de marzo nunha viaxe promovida pola Axencia Galega da Calidade Alimentara

Alois Soxberger xunto aos técnicos e gandeiros galegos que visitaron a granxa no mes de marzo nunha viaxe promovida pola Axencia Galega da Calidade Alimentara

A paisaxe da rexión de Mostviertel, en Baixa Austria, é variada: no norte abundan as chairas e outeiros e os prados son fértiles, mentres que o sur é alpino e montañoso. Nese entorno prodúcese o Biberbacher Schafmischkäse, un queixo fresco típico desta zona que se elabora con leite de ovella (51%) e de vaca (49%).

Trátase dun queixo lixeiro e suave usado como aperitivo que ser vende a 6 euros o kilo nos supermercados da rexión e 8 euros en venta directa na tenda da explotación, aínda que o 90% se comercializa a través dos supermercados.

Na granxa de Alois e Veronika Soxberger levan medio século facendo Biberbacher. Para fabricar un kilo deste queixo de mestura necesitan dous litros de leite: un de ovella e outro de vaca.

A materia prima procede da súa propia granxa, que ten un rabaño de ovellas e outro de vacas leiteiras. Elaboran o queixo co leite do día e venden o queixo xa ao día seguinte. É un negocio rendible, recoñecen, pois o litro de leite transformado resulta a 3 euros o litro, seis veces máis que se o vendesen directamente á industria.

Medio século transformando o leite

Veronika fabricando o queixo na queixaría da explotación, nos baixos da casa familiar

Veronika fabricando o queixo na queixaría da explotación, nos baixos da casa familiar

Alois Soxberger e a súa muller Veronika son agora os responsables da granxa, que herdaron dos pais de Veronika, Manfred e Veronika Aigner, que agora están xubilados, aínda que seguen axudándolles (Manfred, por exemplo, é quen leva o establo das vacas, mentres que Veronika axúdalle á súa filla nas tarefas de muxido das ovellas).

Alois e Veronika ocúpanse de levar a xestión da granxa e o coidado dos animais e tamén da elaboración do queixo e de vendelo, e contan con dous empregados para axudarlles na queixería.

Veronika e Alois son xa a terceira xeración que dá continuidade á queixaría posta en marcha polos avós de Veronika

O produto comercialízase en pequenos rulos de 200 gr cada un de está dispoñible en tendas locais e supermercados nun radio de 50 km. En total, dispoñen de 45 puntos de venda e, por tradición, o día de maiores vendas do ano é o Venres Santo.

A queixería empezou a funcionar no 1975 e Veronika e Alois son xa a terceira xeración, despois de que os seus pais se tivesen feito cargo do negocio familiar dos seus avós en 1984. Veronika valora “estar na casa, na granxa, traballando e vivindo cos animais na natureza”.

Produción de queixo 9 meses no ano

Veronika e a súa nai muxindo as ovellas

Veronika e a súa nai muxindo as ovellas

A xornada laboral comeza para a familia ás 5 da mañá. “Só almorzamos cando os animais xa foron muxidos e alimentados”, explica Veronika. As 200 ovellas leiteiras de Frisia Oriental producen leite para queixo desde febreiro ata outubro e despois teñen un período de descanso de catro meses para poderen ter as súas crías.

Ademais das ovellas, teñen 16 vacas de raza parda alpina que se moxen nun robot no establo e logo saen ao prado desde a primavera até o outono. Dispoñen en total de 38 hectáreas de pradeiras que manexan en réxime ecolóxico, aínda que o queixo non é ecolóxico.

A produción de queixo é estacional, de febreiro a outubro, que é cando as ovellas dan leite

“A nivel de prezo, non nos aportaría un valor máis alto para o queixo, posto que xa estamos nun nivel de prezo elevado, polo que optamos por producir o queixo en convencional pois iso facilítanos a alimentación das ovellas e abarátanos o custo do penso e a forraxe para elas”, explica Alois.

Producen queixo os 9 meses nos que as ovellas están dando leite, e durante 3 meses teñen a queixería parada e venden o leite das vacas á cooperativa da que forman parte. O resto do ano entréganlles cada día 50 litros, para que lles manteñan a ruta.

Proceso sinxelo e sen maduración

SOXBERGER (Austria) Alois con el queso Biberbacher que elaboranA queixería está pegada á casa familiar, a carón da cociña, e fan até 500 kg de queixo cada día con 1.000 litros de leite de ovella e vaca (ao principio e fin da tempada a cantidade é menor). O queixo mixto de ovella e vaca típico desta rexión leva a partes iguais leite de ovella e vaca e o proceso de elaboración é sinxelo, xa que o queixo non ten ningún proceso de maduración: está un día no molde e ao día seguinte desmoldan, empaquetan e venden.

Facturan 460.000 euros só de queixo ao ano (80.000 kg a 6 euros), ao que hai que engadir os ingresos pola venda dos cordeiros e os xatos e a venda da enerxía que producen na propia granxa grazas aos 132 kw/h de placas fotovoltaicas que teñen instaladas (a metade destínana a autoconsumo e a outra metade véndena á rede).

Facturan 460.000 euros ao ano só coa venda do queixo

Unha das preparacións tradicionais do queixo

Unha das preparacións tradicionais do queixo biberbacher

Con 400.000 euros cubren os custos de fabricación, alimentación do gando, persoal, etc. polo que logran un beneficio próximo ao medio millón de euros anual. Esa rendibilidade é en boa medida unha garantía de continuidade para as explotacións austríacas.

“Os meus sogros viñeron para aquí na década dos 80. Só había a casa, pero todo o resto (os establos das vacas e as ovellas, o secadoiro da herba, a queixería, etc.) pagouse coa venda directa do queixo”, destaca Alois. Para el é importante apuntar todo, algo que recoñece, non é habitual en Austria, onde as explotacións que facturan menos de 600.000 euros ao ano non están obrigadas a levar ningún tipo de contabilidade.

Un robot de muxido para 16 vacas

SOXBERGER (Austria) robot de muxidoA granxa da familia Soxberger produce uns 200.000 litros de leite ao ano entre ovella e vaca, dos que 160.000 se destinan á queixería, cos que fabrican unhas 80 toneladas de queixo (até 500 kg de queixo cada día de marzo a setembro), e o resto dedícanse á alimentación dos becerros e cordeiros ou se vende á cooperativa.

As vacas son de raza parda alpina e producen uns 8.000 kg por ano, cun 4,1% de graxa e en 3,5% de proteína. Dispoñen dun establo novo para as vacas, construído no ano 2021 e equipado cun robot de muxido, que lles custou medio millón de euros: 150.000 euros o robot e o tanque do leite e o resto a construción da nave (que é de madeira, para satisfacer os desexos de Manfred).

Instalar un robot para muxir só 16 vacas era unha decisión difícil, recoñecen, pero están moi satisfeitos coa decisión tomada, xa que lles facilita moito organizar o traballo na granxa.

SOXBERGER (Austria) vacas heno“Antes muxían os meus sogros e cando eles se xubilaron podiamos deixar as vacas e mercar o leite para transformar pero preferimos mantelas para seguir sendo autosuficientes na materia prima que usamos para facer os queixos”, conta Alois.

As vacas saen pacer todos os días a partir do mes de abril, pero as ovellas non

As vacas saen ao pasto a partir do mes de abril desde as 10 da mañá até as 4 da tarde. Desde esa hora até o día seguinte quedan no establo, onde se moxen no robot, da marca GEA. “Normalmente entran ao robot a muxirse cando veñen do pasto e ao día seguinte pola mañá antes de saír”, indica.

Os xatos e xatas que lle nacen véndeos ás 4 semanas de vida. “Non facemos recría propia, senón que cando necesitamos unha xovenca para reemprazar a algunha das nosas vacas mercámola”, explica.

Produción forraxeira

SOXBERGER (Austria) vista de los pastos de la granjaA granxa da familia Soxberger atópase no municipio de Biberbach, unha zona moi produtiva para forraxe. “Nesta zona dáse moi ben a herba, facemos 5 cortes de maio a outubro”, explica Alois.

No val ao sur do Danubio os terreos son moi fértiles e produtivos, mentres que ao norte do río os chans son xa totalmente diferentes, de orixe granítico, e abunda máis o aproveitamento forestal.

Nesta zona dáse moi ben a herba, facemos 5 cortes de maio a outubro

A explotación dispón de 38 hectáreas de terreo, 35 para produción forraxeira e 3 de pasto para as vacas (as ovellas non saen ao pasto). Dispoñen dun secadoiro de herba construído fai 12 años que lles custou daquela 150.000 euros, entre o edificio da palleira, tamén de madeira, e a maquinaria para a recirculación do aire para o secado e a pinza para a colocación da herba na pila. Alois admite que hoxe o custo sería moito maior.

Segan 20 hectáreas de herba cada vez e logo de 2 días de presecado no prado, métena no secadoiro, que conta cun dobre teito onde se quenta o aire e con ventiladores para facelo recircular desde a parte de abaixo da herba. O sistema consume uns 40 Kw/h, pero dispoñen de produción propia de enerxía fotovoltaica.

Venda de cordeiros

SOXBERGER (Austria) ovejas y corderos en la zona de parideraAs ovellas no inverno están secas e non dan leite. Paren a comezos de xaneiro e cando nacen os cordeiros téñenos 5 semanas coas nais, até que collen entre 12 e 14 kg, que é cando os pasan para a zona de recría e empezan a muxir as ovellas.

Fan unha soa parideira ao ano pero a media é de 1,9 cordeiros por parto. As ovellas femias que saen de cor branca déixaas para recría, mentres que as negras véndeas para carne, ao igual que os machos. Normalmente saen da granxa no mes de maio, con 5 meses e 40 kg de peso.

Nos 3 meses nos que non teñen leite de ovella, de novembro a febreiro, o de vaca véndenllo á cooperativa da que forman parte

“Os cordeiros acabamos de crialos na nave do secadoiro da herba e en maio é cando facemos o primeiro corte, polo que necesitamos ter libres nese momento as instalacións para meter a herba”, explica Alois.

SOXBERGER (Austria) establo ovejas en produccionA alimentación das ovellas en produción consiste en feno (o mesmo que dan ás vacas, saído do secadoiro e producido na explotación) e concentrado (mestura de cereal, millo e algo de soia).

Alois é enxeñeiro industrial de formación e deseñou el mesmo a sala rotativa na que moxe ás ovellas dúas veces ao día. A media de produción é de 2 kg de leite por ovella e día e un total duns 400 kg por animal e ano.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información