Sonia Otero Padín, nova presidenta do Consello Regulador das Indicacións Xeográficas dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia

Jesús Candamio Folgar, de Destilerías Candamio, ocupará a vicepresidencia do Consello Regulador.

Publicidade
Sonia Otero Padín, nova presidenta do Consello Regulador das Indicacións Xeográficas dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia

Sonia Otero Padín foi elexida presidenta do Consello Regulador das Indicacións Xeográficas dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. Esta elección realizouse polo Pleno do Consello Regulador celebrado o pasado 15 de xaneiro e ratificada hoxe, luns 3 de febreiro, coa publicación do seu nomeamento no Diario Oficial de Galicia.

Otero Padín, representante de Viña Blanca del Salnés SA e ata agora vicepresidenta do Conselho Regulador, sucede no cargo a José Antonio Feijóo Mateo, quen presentou a súa renuncia o pasado 18 de decembro ante o Pleno do Consello Regulador. Estará acompañada por Jesús Candamio Folgar, representante de Destilerías Candamio SL, como vicepresidente.

A nova presidenta do Consello Regulador das Indicacións Xeográficas dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia mostra o seu agradecemento ao seu predecesor, José Antonio Feijoo, polo traballo desempeñado e ao sector pola confianza depositada nela.

Igualmente, aproveita para facer un “chamamento á unión do sector e animar tamén a aqueles elaboradores que se atopan fóra do Consello a que se unan”, xa que isto lles servirá “non só para garantir que os seus produtos son 100% tradicionais galegos, senón que tamén nos permitirá ter máis forza á hora de comercializar os nosos augardentes e licores e conseguir un mellor posicionamento a nivel nacional”. Neste sentido, lembra que “a adhesión ao Conselho Regulador é importante debido a que otorga unha maior visibilidade”. De feito, de cara ao futuro aposta por “poñer en valor as nosas variedades autóctonas, potenciar a nosa indicación xeográfica e engrandecer os nosos destilados”.

Sonia Otero Padín é bióloga, enóloga e catadora, e está á fronte da adega e destilería Viña Blanca del Salnés, empresa familiar fundada a finais dos anos 70. Integrante do Consello Regulador das Indicacións Xeográficas dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia dende os seus inicios no ano 1993, foi vocal desde 2002 e vicepresidenta desde 2023. Conta cunha ampla experiencia no sector vitivinícola e dos destilados.

Pola súa banda, Jesús Candamio Folgar, representante de Destilerías Candamio SL (Betanzos) e Destilerías del Salnés SL (Ribadumia), ocupará a vicepresidencia do Conselho Regulador das Indicacións Xeográficas dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. Ao igual que Sonia Otero, Jesús Candamio é fillo dun destilador e conta cunha ampla experiencia no sector.

Conselho Regulador

O Conselho Regulador das Indicacións Xeográficas dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia é o único órgano certificador de destilados de derivados vinícolas existente en España. O seu ámbito de influencia esténdese a todo o territorio galego. De feito, Galicia é a única rexión española que conta cunha IXP específica de augardente.

Na actualidade, este organismo integra máis de 200 empresas inscritas nos seus diferentes rexistros (productores; destiladores; elaboradores e envasadores; e comercializadores). Son case un centenar as marcas que se atopan no mercado e que levan a contraetiqueta, a cal é a única que ofrece todas as garantías de que o destilado é 100% galego e que cumpre cuns esixentes controis de calidade.

O Consello Regulador certifica aqueles destilados que cumpren todas as condicións estipuladas no seu regulamento para ser amparados baixo algunha das catro Indicacións Xeográficas dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia: Orujo de Galicia, Augardente de Herbas de Galicia, Licor de Herbas de Galicia e Licor Café de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información