Falamos con Sandra Aras e Ernesto Zulueta, responsables da gandaría Ametsleku (Biscaia), sobre as súas experiencias con Holstein e Fleckvieh na feira Gandagro celebrada en Silleda o pasado mes.
Sandra: Bos días! Egun on! Nós vimos dende Biscaia, e primeiro ímosvos contar un pouco o nome da nosa granxa, que é bastante significativo, e así podedes entender o que para nós representa.
O nome da nosa explotación é AMETSLEKU, un nome composto en éuscaro: amets significa soño e leku é lugar, así que podedes imaxinar o que para nós significa a nosa granxa, o noso pequeno gran soño.
Comezamos no 2002 con dous animais da raza Holstein, que empezamos a levar a concursos. Viñeron de Tauste Ganadera, da man do señor Cruañes, a quen lle temos moitísimo agarimo e que para nós foi moi importante.
Fomos medrando pouco a pouco, sempre no mundo da Holstein e dos concursos, e a verdade é que nos ten achegado moitísimo. Houbo un momento no que tiñamos un problema de graxa e decidimos explorar outras opcións, e aí apareceu a Fleckvieh.
Ernesto: Antes de decidirnos pola Fleckvieh miramos outras razas como a Jersey e a Pardo Alpina, pero en valor residual gañou a Fleckvieh. O valor residual, agora mesmo, como está a situación, falamos de que calquera animal supera os 900 kg. Entón, nun quinto parto, que na Holstein xa é unha aventura… Comezamos no 2020 e estamos retirando vacas de quinto parto porque veñen fortes as de primeiro, e estamos tendo 2.000 e pico, 2.000 e moito… É dicir, a reposición case sae gratis neste momento, cousa que con outras razas non ocorre. Logo, a nivel de sólidos, elas funcionan con máis de 4% de graxa, 4,20–4,30… e 3,60 ou 3,70 de proteína. Hoxe en día, que os sólidos están a cobrar máis importancia pois é un punto moi importante.
E xuntamos o leite das Holstein co das Fleckvieh, así que facemos unha boa media, e temos as dúas razas que nos gustan, pero a nivel de rendibilidade agora mesmo gaña a Fleckvieh.
Sandra: Eu adoito facer unha comparativa, porque vindo do mundo Holstein e do mundo dos concursos, que é como unha relixión, meter outra raza é cando menos estraño.
E isto é como cando che din: pero ti con cal te quedas? Pois a verdade é que isto é como ter dous fillos, e hai que ser moi xustos, a cal queres máis? A ambos por igual. O que pasa é que un che demanda moito tempo, non é bo estudante, nunca chega á hora á casa… e o outro faiche a vida moi fácil. Ese é o caso da Holstein e da Fleckvieh. A Fleckvieh é moi fáci de manexo. Un pouco tamén pola nosa culpa, porque ao final a Fleckvieh segue sendo máis “vaca”, e á Holstein convertémola un pouco nunha vaca de cristal, por así dicil. Demanda moitísima atención. Pero a Fleckvieh, ao principio non esperabamos tanto dela, centrámonos nesas calidades, e foi ofrecendo moitas vantaxes; a verdade é que é un animal que che facilita moito a vida.
Ernesto: Actualmente temos un 50% de cada raza, un robot con Holstein e outro con Fleckvieh, e é unha vaca que se adaptou moi ben, que funciona, que normalmente ten 3,5 muxidos ao día, que non hai que andar atrasando. É outro mundo. E logo, que queda preñada e paire moi fácil, preña e pare, preña e pare. E temos a experiencia coa outra raza. Ninguén pode dicir que non probamos. Probamos durante 5 anos moi ben, e bueno, a máis dun dígollo: se eu quixese só vivir das vacas, sen gustarme o show, quedaría coa Fleckvieh, pero gústanos o show máis que a un neno un chupete.
Sandra: E de feito vivimos a Holstein con moita intensidade. Son presidenta da asociación Holstein en Biscaia, vicepresidenta en Euskadi, e si me gustaría traballar un pouco esa parte da Fleckvieh que está algo descoidada e é unha pequena descoñecida, así que amosala un pouco máis, que a xente a coñeza, facerlle xustiza e a partir de aí que cada quen tome as súas decisións.
A nós o que nos gusta facer, e de feito fixémolo aquí, é poñer os nosos datos na pantalla do stand, porque falar é doado, pero que a xente vexa os datos, que o comprobe, que vexa que hai animais de máis de 40 litros, cando nós non buscamos leite na Fleckvieh… dánola elas.

Vacas da gandería AMETSLEKU. Foto: Cedida
Ernesto: A ración é para graxa e proteína, pero elas por si mesmas están a producir…
Sandra: Non queremos “holsteinizar” unha Fleckvieh, queremos que a Fleckvieh siga sendo Fleckvieh.
Ernesto: Con todo, inseminamos con caracteres de graxa, proteína e vida útil, non buscamos leite, non vamos ao leite… Xa comprobamos que elas dan leite por si soas. E os touros que esiximos a Austria son touros cos que seguimos con datos de carne, graxa e proteína, porque o leite xa está nos datos para velo, non enganamos a ninguén, están na pantalla…
Sandra: Logo tamén me gustaría destacar que igual pola maneira de vivir a gandería no país, se á xente lle dá un pouco de medo probar, que saiban que non van estar sós.
Ernesto: Austria, a través de Ganados Barreira e de Genetic Austeria, dá un servizo…
Sandra: O vínculo segue aí, o asesoramento segue aí, as persoas son realmente accesibles, teñen un grupo de traballo que é moi cercano. E é normal que ao final algo novo dea respecto, pero non te vas ver desamparado en ningún momento.
Ernesto: Para rematar un pouco e con datos reais, para que a xente vexa o que é a Fleckvieh, falamos de que estamos retirando vacas con 5 partos, son 5 fillas cun valor: Teño a que repón, teño a que vendo, teño 3 que volvín vender… E aí podemos ver que entramos nas lactacións e estamos falando dun animal que no quinto parto vai facer preto de 50.000 litros… É dicir, que envex! Isto quero dicir que o aprendemos polo camiño, eles dixéronno, pero é que nós estámolo vivindo, entramos nas lactacións da vaca que imos matar porque é de quinto e pare unha de primeiro, pero esta fixo 50.000 litros, e deixounos 5 crías, fixo o mesmo que a outra en tres? Non, deixoume dúas crías máis e váleme 300-400 € máis, máis os 1000 € das crías.
Sandra: E realmente, ás veces o momento de eliminar ese animal vén polo que di Ernesto, porque hai animais novos empurrando por detrás, non pola necesidade real dese animal, que seguramente podería manterse un par de partos máis.
Ernesto: Hai un tema, que con cinco partos ti sabes o rápido que evolucionas co seme sexado… Cinco femias, cinco fillas, en catro días xa estás vendendo. Nós enchemos o establo de Fleckvieh en cinco anos, porque preñan ben… Nunha Holstein no terceiro parto non che dá para poñerlle sexado, a esta dámoslle sexado ata vella, porque do que trouxemos estamos mellorando, facendo unha liña como fixemos coa Holstein.
Sandra: E que conste que che están falando dous namorados da Holstein, pero hai que ser xustos co que vemos na explotación…
Ernesto: A realidade é a realidade… Que me gusta? Gústame a Holstein no show, pero se non hai cartos non facemos nada, entón hai que poñer a balanza.

Ernesto e Sandra co seu fillo na súa gandería en Biscaia. Foto: Cedida
Algunhas fotos da mostra de raza Fleckvieh que Genetic Austria levou a GandAgro 2025: