Blue Heron Plant BioDynamics pon a disposición dos produtores unha serie de programas sustentables para a protección do viñedo ante enfermidades como o oídio, o mildiu e a podremia gris.
Algúns dos problemas endémicos tradicionais do viñedo na Península Ibérica son o oídio (Uncinula necator), o mildiu (Plasmopara viticola) ou a podremia gris (Botrytis cinerea). A incidencia destas patoloxías están determinadas principalmente polas condicións ambientais da zona xeográfica / rexión, sendo máis propensa (e máis virulenta) a aparición de mildiu na área de influencia atlántica, dadas as condicións de maior precipitación e humidade relativa que require este oomiceto para infectar os tecidos da planta, aínda que convén lembrar a súa elevada incidencia na campaña 2020 en comarcas do centro peninsular, onde tradicionalmente o mildiu adoita considerarse un problema menor, pero que aparece de forma recorrente cada certo tempo.
Algo similar ocorre no caso da Botrytis, que afecta a estados máis avanzados do crecemento e a maduración dos bagos. Por outra banda, o oídio é unha enfermidade ben presente ano tras ano en practicamente todos os nosos viñedos, con requirimentos superiores de temperatura, pero que non precisa dunha precipitación abundante para a súa aparición e desenvolvemento.
Fronte á persistencia destes problemas fitopatolóxicos, preséntase unha nova realidade no sector da sanidade vexetal. Un período de transición dirixido polas institucións europeas a través da estratexia da Comisión “Da granxa á mesa” e que marca o horizonte de aquí a 2030: reducir ao 50% o uso de praguicidas químicos e aumentar a superficie agraria dedicada a produción ecolóxica até un 25% do total de todas as terras agrícolas, entre outros obxectivos.
Este contexto socio-político, ao que se suma unha maior demanda dos mercados e consumidores de alimentos máis saudables, sustentables e sen residuos de fitosanitarios, pon de manifesto a necesidade de implementar solucións de garantía menos agresivas e máis sustentables, para lograr un control eficiente dos problemas causados por pragas e enfermidades, como o oídio e o mildiu no caso do viñedo, que poden minguar considerablemente tanto a produción como a calidade da uva.
Programas Blue Heron para a prevención e control de oídio, mildiu e podremia gris
A bagaxe de máis dunha década de Blue Heron no manexo de enfermidades externas do viñedo supón unha alternativa contrastada e eficaz á xestión convencional deste tipo de enfermidades, desenvolvendo diferentes programas para a protección do viñedo que, ademais, ofrecen outras vantaxes adicionais (produtos sen prazos de seguridade nin residuos de materias activas de sínteses):
Protección fronte a oídio:
Dous son os produtos que interveñen principalmente no programa de manexo do oídio en vide: IRIDIUM®, produto de orixe botánica con acción barreira multipunto específica anti-oídio, con efecto preventivo, curativo e secante; e TORERO®, suspensión de alta concentración en xofre e sílices, con efecto secante fronte a oídio e que adicionalmente presenta unha acción disuasoria fronte a poboacións de ácaros. Ambos os produtos poden empregarse por separado, nunha estratexia preventiva, ou mesmo alternarse en diferentes tratamentos; ou ben empregarse en mestura no caso de ataques severos do fungo.
Protección fronte mildiu e Botrytis:
Neste programa interveñen por unha banda MÁXIMO®, composto por un complexo cúprico con aminoácidos non proteicos, vitaminas e ácidos orgánicos procedentes de extractos de algas, con acción vascularizante, desinfectante e cicatrizante; e por outro BIOSILENCE®, barreira protectora con efecto secante a base de extractos vexetais, boro e sílices (de orixe botánica e mineral).
Desta forma, ao efecto específico antimildiu e antibotrítico do cobre, cunha gran sistemia ascendente e descendente grazas aos axentes complejantes orgánicos de MÁXIMO®, súmaselle o fortalecemento de tecidos vexetais propiciados polo boro e o silicio, así como o efecto secante que proporciona BIOSILENCE® para inhibir a xerminación de esporas e o desenvolvemento das estruturas fúnxicas.
Na prevención e protección fronte ao mildiu, os primeiros tratamentos débense realizar pouco despois do desborre, repetindo o tratamento aos 10-15 días en función do risco. Os tratamentos dirixidos a evitar danos por Botrytis recoméndanse cara ao estado fenolóxico L, de cerramento de acio, podéndose repetir o tratamento en envero, segundo as condicións.
Así pois, coa experiencia recollida durante varios anos, froito da colaboración con adegas de recoñecido prestixio e os viticultores máis esixentes e profesionais, Blue Heron ofrece alternativas de garantía fronte a estas ameazas e as perdas que ocasionan na produción vitícola, acordes co novo contexto da sanidade vexetal, baseadas en solucións naturais de menor impacto e recomendadas para o seu emprego tanto en Agricultura Ecolóxica como convencional.