Despois de varios anos de desenvolvemento, Haifa está implementando un programa de abonado para millo forraxeiro utilizando as dúas tecnoloxías máis avanzadas nos seus campos, como son a liberación controlada CoteN™ Mix e o fertilizante para nutrición foliar Haifa Bonus.
En que consisten estas tecnoloxías?
CoteN™ Mix – Fertilizantes de Liberación Controlada para o millo forraxeiro
CoteN™ Mix é un fertilizante de liberación controlada producido por Haifa e deseñado para achegar os nutrientes ás plantas de forma continua ao longo de todo o ciclo de cultivo, co obxectivo de lograr un desenvolvemento óptimo e un excelente rendemento. Baseado na tecnoloxía de recubrimento polimérico de Haifa, CoteN™ Mix libera o nitróxeno ao solo de forma gradual, dependendo unicamente da temperatura do solo, por tanto producirase unha maior liberación cando esta aumenta, o que coincide co incremento das necesidades das plantas.
CoteN™ Mix ofrécelle ás plantas unha nutrición equilibrada, de acordo ás súas necesidades, cunha única aplicación por ciclo de cultivo, mellorando o desenvolvemento da planta, o uso de nutrientes, aforrando man de obra e minimizando o impacto ambiental. CoteN™ Mix adáptase, na súa produción, ás necesidades locais do cultivo de millo forraxeiro de Galicia, que foron determinadas polos expertos de Haifa coa axuda dos agricultores.
A tecnoloxía de liberación controlada permite encapsular os nutrientes solubles en auga cunha cobertura polimérica que evita a disolución inmediata destes cando son aplicados ao solo. Despois da aplicación, a humidade da terra penetra lentamente a través do recubrimento e prodúcese unha disolución dos nutrientes, que se van a difundir a través do recubrimento cara á zona radicular, cunha adecuada proporción, de acordo ás necesidades de desenvolvemento do cultivo.
A porcentaxe de liberación depende só da temperatura do solo, por tanto producirase unha maior liberación cando a temperatura aumente, o que coincide co incremento das necesidades das plantas. Outros factores, tales como o tipo de solo, humidade, pH e actividade microbiana non afectan á liberación do fertilizante. Despois de que a liberación se complete, a cobertura baleira rompe e degrádase, non deixando residuos no chan (Figura 1).
Poly-Feed Haifa Bonus – Fertilizante foliar de acción prolongada
O fertilizante foliar desenvolvido por Haifa permítenos, por unha banda, aumentar a dose até niveis en que outros fertilizantes foliares resultarían fitotóxicos, e por outro achéganos unha asimilación gradual de até 2 semanas, algo nunca visto até o momento con outros fertilizantes foliares.
Haifa Bonus contén un adxuvante especial que achega:
1.- Unha mellor adherencia á superficie da folla.
2.- Mellor absorción.
3.- Produce un efecto de acción prolongada.
Haifa Bonus está deseñado para que a planta poida dispoñer dos nutrientes necesarios (fundamentalmente o fósforo) nos momentos máis críticos de desenvolvemento, neste caso nas primeiras semanas do ciclo do Millo, onde as baixas temperaturas fan que a absorción destes elementos se vexa mermada en solos con pH baixos.
Programa de abonado coas tecnoloxías CoteN™ Mix e Haifa Bonus
Para desenvolver este programa, tivemos en conta o tres factores seguintes.
– Necesidades da planta: Cales son as necesidades ao longo do ciclo de cultivo de todos os nutrientes que necesita a planta, en que cantidades de cada elemento ao longo do ciclo.
– Medio no que se desenvolve a planta: Non só o chan e a súa composición, senón tamén todos os aspectos bioclimáticos que interveñen na contorna da planta.
– Temperatura: facemos un especial estudo pormenorizado da temperatura no lugar onde imos aplicar o fertilizante, xa que a tecnoloxía de liberación controlada (como explicamos) só depende deste factor.
Con todo isto, desenvolvemos un programa de abonado específico para Galicia para o cultivo de millo forraxeiro que consiste no seguinte:
1) Aplicación en fondo e dunha soa vez. CoteN™ Mix con nitróxeno, fosforo e potasio, ademais dos elementos secundarios necesarios para o desenvolvemento da planta durante todo o ciclo de cultivo. Desenvolvéronse varias fórmulas dependendo do tipo de solo, pero una das máis usadas é CoteN™ Mix 20-7-6.
2) Posteriormente e co millo en 4 follas, aplicamos Poly-Feed Haifa Bonus, potente fertilizante foliar para achegar sobre todo os niveis de fosforo necesarios nun momento crítico da planta, onde a temperatura aínda é baixa.
Con esta estratexia, Haifa pon a disposición do agricultor as ferramentas nutricionais necesarias para obter colleitas de calidade e cantidade.
* Haifa Iberia SL