Socios de Ovica realizan unha viaxe técnica e formativa a Francia e Navarra

Socios de Ovica realizan unha viaxe técnica e formativa a Francia e Navarra

Membros da Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia, realizaron unha viaxe técnica e formativa a Francia e Navarra. En detalle, no país veciño estiveron na Feira internacional de ovino TechOvin, que ten un carácter bianual. Tamén participaron na feria de venda de animais de razas puras, que se realiza na vila de Bellac e remataron cunha visita ao Centro de investigación de ovino CIIRPO.

Así mesmo, trasladáronse ata Navarra para participar na Feira de razas autóctonas onde contactaron co persoal da organización Asociación de Criadores de Ovino de raza Latxa de Navarra. Este encontro busca poñer en valor as razas autóctonas da comunidade, ademais do entorno rural e gandeiro que as sostén, así como os productos de proximidade elaborados na comunidade, os circuitos de venda directa e a aposta firme por crear un espazo de encontro entre a cidadanía e o sector primario.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información