Socios de Feiraco solicitan un notario para a asemblea anual, que se celebra este sábado

Máis dun cento de votos sociais da cooperativa instan a que un profesional levante acta da reunión do día 11, na que se elixirá ó novo presidente de Feiraco. Agárdase a presentación de alomenos dúas candidaturas

Socios de Feiraco solicitan un notario para a asemblea anual, que se celebra este sábado

Sede central de Feiraco, en Pontemaceira.

Feiraco celebra este sábado unha asemblea xeral importante, pois haberá votacións á presidencia da cooperativa. Estes días está aínda aberto o prazo de presentación de candidaturas e agárdase que haxa alomenos dous candidatos, o actual presidente, José Montes, e unha lista alternativa. Ante a significancia da asemblea, máis dun cento de votos sociais da cooperativa solicitaron por escrito a presenza dun notario na reunión co obxectivo de que o profesional levante acta de todo o que alí se diga e se acorde, “evitando que haxa interpretacións diversas”.

A petición do notario formalizouse onte por escrito ante a cooperativa. Os asinantes acóllense ó disposto no artigo 22.9 dos Estatutos de Feiraco e no artigo 35.8 da Lei de Cooperativas de Galicia.

A Lei estipula que o órgano de administración da cooperativa estará obrigada a contar cun notario no caso de que, con alomenos 5 días de antelación, o soliciten o 10% dos socios ou un mínimo de 100 votos sociais. Entón, os honorarios do notario serán satisfeitos pola cooperativa e a acta que levante terá carácter de acta única.

Consultada Feiraco a última hora da tarde de onte sobre a petición, non puido aínda ofrecer unha valoración ó respecto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información