Soben os prezos do queixo e do soro de leite en po na UE na última semana

Soben os prezos do queixo e do soro de leite en po na UE na última semana

O Milk Market Observatory, o organismo dependente da Comisión Europea, ven de facer públicos os prezos medios dos principais derivados lácteos na Unión Europea durante a pasada semana. Destaca a importante suba do soro de leite en po (wheypouder), que subiu un 9,5% na última cotización do día 24 de xullo, ata acadar os 69 euros por 100 kilos. É tamén a commoditie láctea que acumula unha maior suba interanual na UE: un 6%.

A outra novidade é a suba dos queixos, tanto o Edam (un 2% máis), como o Gouda (+1,5%) e o Emmental (+0,9%), mentres que o Cheddar baixa un 0,2%. Tamén sobe o leite en po enteiro (WMP), un 1,6%, e acumula nos últimos doce meses unha suba do 2%. Pola contra, baixan o leite en po desnatado (SMP), un 0,7%,, así como a manteiga, un 1,9%.

Nos últimos doce meses os derivados lácteos que amosaron mellor comportamento de prezos foron o soro de leite en po, que subiu un 6%, seguido da manteiga, o leite en po enteiro e o queixo Edam, que subiron un 2%. Pola contra, as principais baixadas rexistráronse nos queixos Cheddar (caeu a súa cotización un 14%), seguido do Emmental (-9%), Gouda (-7%), e o leite en po desnatado, que caeu un 1%,

Velaquí as cotizacións dos produtos lácteos na Unión Europea durante a última semana:

PREZOS_LEITE_XULLO_16_2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información