Soben os prezos da recría frisona en Silleda e baixa o vacún maior extra

Soben os prezos da recría frisona en Silleda e baixa o vacún maior extra

A Lonxa de Silleda rexistrou esta semana unha afluencia arredor dun 20% inferior á semana pasada, probablemente polo festivo desta semana. A menor asistencia de animais notouse en especial na recría frisona, o que puido ser un dos factores que influíse no aumento de prezos dos becerros frisóns. En vacún maior, houbo baixada de cotización media na categoría extra e leve aumento en primeira, en tanto os becerros carnicerios subiron tamén lixeiramente de prezo.

Recría
Indo ó detalle por categorías, na recría, os machos frisóns de 21 a 50 días, o treito de idade con maior afluencia, rexistraron prezos medios de 172 euros, fronte ós 145 da pasada semana. Na categoría de máis de 50 días, chegaron ós 201 euros de media (12 euros máis que a pasada semana) e tamén subiron 10 euros na categoría de 15 a 20 días (139 euros).

Nos becerros cruces, sen embargo, a asistencia de animais a penas se resentiu esta semana, e as cotizacións seguiron tendencia contraria á dos frisóns, cunha baixada media. Se ben na categoría con maior afluencia de animais, a dos machos cruces de 21 a 50 días, incluso houbo unha leve suba de 2 euros, ata achegar a 423 euros de media, o resto de categorías de machos baixaron en torno a 25 euros.

Na recría de femias cruzadas, as baixadas nas categorías de ata 50 días foron leves, de 3 – 6 euros, pero na categoría de máis de 50 días produciuse sen embargo un importante incremento, superior ós 110 euros por animal, ata unha media de 484 euros.

Recría 16

Vacún maior
En vacún maior, rexistrouse unha baixada dos prezos medios na categoría extra (-126 euros) e na segunda (-19 euros), en tanto a primeira repuntou lixeiramente (+36 euros). En Vaca e Boi de Galicia rexistrouse tamén unha baixada significativa, pero ao ser unha categoría de pouca concurrencia, depende moito das características dos animais que entran cada semana, sen que o prezo medio sexa suficientemente informativo.

Vacun 16

Becerros carniceiros
En becerros carniceiros producíronse lixeiros aumentos de prezo tanto en cruces como en Rubia Galega. Nas femias a suba de cotizacións foi máis acusada, pois superou os 100 euros por animal en cruces e rondou os 50 en Rubia.

Becerros 16

Podes consultar neste PDF todos os prezos do gando, así como as cotizacións das mesas de prezos de porcino, ovos, galiñas e coellos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información