Soben os prezos da recría frisoa no mercado de Amio

Soben os prezos da recría frisoa no mercado de Amio

Os prezos do gando que concorreu esta semana ao recinto feiral do Mercado de Amio soben 5 euros os do gando de recría da raza Frisoa. Tamén soben algunhas canles do vacún mediano e maior.

A asistencia de gando á sesión de hoxe foi de 1.386 reses, 821 menos que á do 5 de xuño. En detalle, houbo 1.184 cabezas de vacún menor (784 menos que na sesión anterior); 74 de vacún mediano (10 menos) e 128 de vacún grande (27 reses menos).

Os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron por maioría manter os prezos da sesión anterior para todas as clases e categorías desta carne.

Máis información

– Táboa completa dos prezos de Amio (12-VI-2024)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información