Os prezos do gando que concorreu hoxe ao recinto feiral do Mercado de Amio presentan subida de 10 euros os do vacún de recría das razas cruce industrial cor e frisoa, e 0,10 euros os das canles do vacún maior.
Tamén os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron por maioría subir 0,02 euros os prezos das canles da categoría Ternera.
En canto á asistencia de gando á xornada foi de 1.466 reses, 31 menos que á do 20 de novembro. En detalle, transitaron 1.266 cabezas de vacún menor (16 menos que na sesión anterior); 49 de vacún mediano (-26) e 151 de vacún grande (+11).
Máis información
– Táboa completa dos prezos de Amio (27-XI-2024)