Os prezos do vacún na Lonxa de Silleda caracterizáronse pola tendencia á suba nos prezos dos becerros de recría, sobre todo nos de raza Frisona. Nos de recría de cruce industrial e nos becerros carniceiros caeron os prezos, mentres que nas vacas de desvelle mantivéronse estables.
En concreto, nos becerros de recría de raza frisona os prezos medios foron de 129 euros para os de menos de 20 días; 151 para os de 21 a 50 días e 156 € para os de máis de 51. Na semana pasada os prezos foron de 133 , 143 e 149 € respectivamente.
Pola contra, nos de cruce industrial, baixaron todos agás os de máis de 51 días: 493 € de media fronte aos 420 da pasada semana. Nas outras franxas de idade as cotizacións foron de 262 para os de menos de 20 días e de 325 € para os de 21 a 50 días euros; cunha baixada respecto aos 318 e aos 341 da semana anterior.
Nos becerros carniceiros houbo unha baixada xeneralizada en todas as categorías.
Por último, no vacún maior, o sector de máis importancia económica da Lonxa de Silleda, os prezos mantivéronse con lixeiras oscilacións á baixa nas categorías Segunda e na de Desfeito, mentres que nas outras subiron.
As cotizacións do vacún quedaron do seguinte xeito:
Suba dos ovos, e sen cambios en coellos e galiñas de desvelle
Nas mesas de prezos, acordouse unhasuba do 0,02% nas cotizacións medias dos ovos . Deste xeito, os ovos quedaron nos 1,30 € para os XL; 1,10 € a ducia para a categoría L; 0,98 para a M, e 0,93 € a ducia para os de clase S. En canto ás galiñas de desvelle,mantivéronse sen cambios.
Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, as cotizacións tamén se mantiveron sen cambios con respecto á semana pasada, nos 1,50 €/kilo.
Sobe o porco cebado e baixan os leitóns
En porcino, a mesa de prezos acordou unha suba do 0,015% para selecto e categoría normal, e do 0,019% para categoría de canle II.
Nos principais mercados europeos mantivéronse estables, como en Alemaña e Dinamarca, ou cunha suba do 0,03% como en Holanda.
En canto aos leitóns, seguen baixando, un 2% esta semana, quedando os prezos nos 38 € para os procedentes dunha única explotación e en 33 € para os procedentes de varias.
As cotizacións de porcino cebado quedaron do seguinte xeito:
Suspensión dalgúns mercados en xuño
Por motivo de utilización das naves coa Feira Semana Verde de Galicia suspéndense os seguintes mercados:
Martes 9 de xuño (Tódalas subastas)
Martes 16 de xuño (Só se realizará a subasta de recría)