Soben os becerros de recría de Frisón e o porcino en Silleda

Os prezos dos becerros de recría, sobre todo os de Frisón, soben, mentres baixa lixeiramente o vacún maior. Segue subindo o porcino e sen cambios nos ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 27 de febreiro

Soben os becerros de recría de Frisón e o porcino en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca caracterizáronse pola suba dos becerros de recría de raza Frisona, mentres baixa lixeiramente o vacún maior. Polo demais, segue subindo o porco cebado e os leitóns, mentres que as cotizacións dos ovos mantéñense sen cambios.

Así, nos becerros de recría, os de raza Frisoa experimentaron unha suba. En concreto, na categoría de menos de 20 días, a cotización quedou nos 128 euros por xato, dous máis que o pasado martes. Na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa e representativa, os prezos subiron claramente ata unha media de 150 euros por xato, 8 máis que a pasada semana. Pola contra, na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, o prezo medio baixou ata os 169 euros, fronte aos 172 do pasado martes.

Nos becerros de Cruzamento industrial a tendencia xeral dos prezos tamén foi tamén á alza, pero con excepcións. Asi, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias nos machos subiron ata os 277 euros, fronte aos 266 da pasada poxa. E na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos tamén subiu ata unha media de 362 euros, 23 euros máis de media por xato que o pasado martes. Nas femias, pola contra, o prezo medio baixou ata os 213 euros, seis menos que o pasado martes. Nos xatos de máis de 51 días os prezos nos machos experimentaron un claro descenso ata unha media de 416 euros por animal, fronte aos 473 euros de media da última poxa. Nas femias tamén se notou unha importante baixada: o prezo medio foi de 288 euros, fronte aos 343 do pasado martes.

Baixada no vacún maior

Polo que respecta ao vacún maior, a tendencia foi a unha lixeira caída de prezos, agás en desvelle. Deste xeito, quedaron en 1.048 euros de media en categoría primeira, 725 en segunda -a máis numerosa- e 468 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.108, 743 e 465 euros, respectivamente.

SILLEDA_VACUN_FEBREIRO_18_5

Suba no porcino e sen cambios nos ovos

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter as cotizacións da pasada semana: a categoría XL quedou en 1,68 euros a ducia; a L e a M en 1,59 e 1,47 euros a ducia, respectivamente. e na categoría S a cotización foi de 1,14 euros.

As galiñas de desvelle baixaron 0,01 euros o quilo, quedando nun intervalo de entre 0,08 e 0,15 euros o quilo.

Na Lonxa de Madrid  o coello non sufriu cambios e fixouse o prezo en 1,55 euros o kilo.

En canto ao porco cebado, a mesa de cotizacións acordou subir as cotizacións por terceira semana consecutiva. Así, o prezo para as categorías Selecta e Normal sube 0,05 euros e queda en 1,180 e 1,155 euros por quilo, respectivamente; a Canle II sobe 0,065 euros e sitúase en 1,500 euros por quilo e no desvelle as cotizacións mantéñense sen cambios nun intervalo de prezos de entre 0,71 e 0,77 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa, o porco cebado subiu esta semana 0,04 euros ata os 1,500 euros o quilo, unha tendencia á alza que se estendeu ao resto de países da Unión Europea.

En canto aos leitóns, acordouse subir 2 euros as cotizacións, ata os 52 euros para os procedentes de varias explotacións e nos 57 euros para os procedentes dunha única explotación.

SILLEDA_PORCINO_FEBREIRO_18_5

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información