Soben os becerros de cruce e baixan os de Frisoa en Silleda

A sesión deste martes na Central Agropecuaria de Galicia estivo marcada pola suba dos prezos dos becerros de recría de cruce e pola baixada dos de Frisona e do vacún maior. Subas no porco cebado e sen cambios nos leitóns, no coello e nos ovos

Soben os becerros de cruce e baixan os de Frisoa en Silleda

A sesión deste martes na Central Agropecuaria de Galicia-Abanca estivo marcada pola suba dos prezos dos becerros de recría de cruce e pola baixada dos de Frisona e do vacún maior. Subas no porco cebado e sen cambios nos leitóns, no coello e nos ovos.

En concreto, en gando vacún, nos becerros de raza Frisoa, baixaron os prezos en todas as categorías. Así, nos animais de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa deste mercado, o prezo caeu ata os 110 euros por xato, 5 menos que a pasada semana. E nos becerros de menos de 20 días o prezo tamén baixou ata os 95 euros de media por animal, fronte aos 104 a anterior poxa. A categoría de máis de 50 días non foi a excepción: a media baixou ata os 126 euros por animal, 8 menos que o pasado martes.

Pola contra, nos becerros de cruzamento industrial a tendencia xeral foi á alza, sobre todo nos machos. Así, nos xatos de entre 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, os prezos situáronse nos machos en 347 euros, 11 máis ca na sesión anterior. Nas femias, sen embargo, houbo baixada quedando nunha media de 224 euros por becerra, 13 menos que a semana pasada. Pola contra, nos xatos máis novos, con menos de 20 días, o prezo medio nos machos subiu ata os 329 euros, fronte ós 221 euros que se pagaron na última poxa. Tamén houbo subas nos becerros de máis de 50 días, onde os machos se cotizaron a unha media de 460 euros por animal, fronte aos 420 da sesión anterior, mentres que nas femias a media tamén subiu ata os 343 euros por becerra, fronte aos 315 do pasado martes.

En canto ós becerros carniceiros de cruzamento industrial, rexistraron esta semana unha suba do prezo nos machos, acadando unha media de 858 euros por animal, 4 máis que a semana pasada. As femias, pola contra, baixaron ata os 740 euros de media, por debaixo dos 759 euros por animal da última sesión.

No que atinxe ó vacún maior, a tendencia foi á baixa. Así, na de segunda, a categoría máis numerosa, os prezos medios quedaron nunha media de 739 euros por animal, 5 menos que o martes pasado. Tamén houbo baixada na categoría de desvelle, quedando nunha media de 460 euros por animal, fronte aos 474 da semana pasada. Porén, nas vacas de primeira a media subiu ata os 1094 euros, 44 máis que na anterior poxa.

silleda_19_3_4_vacun

Suba do porco cebado e nos leitóns e sen cambios nos ovos

En canto ó porco cebado, a mesa de prezos acordou unha semana máis unha suba en todas as categorías. Así, o selecto e o normal subiron 0,02 euros quedando nos 1,200 e 1,175 euros o quilo, respectivamente. Na categoría de Canle II a suba acordada foi de 0,026 euros ata quedar nos 1,526 euros o kilo, mentres que a categoría de desvelle sobe 0,02 euros, quedando nun intervalo de entre 0,53 e 0,59 euros o quilo.

Polo que respecta ao leitón, a mesa de prezos acordou reiniciar as subas en 1 euro. Así, a cotización do bacoriño medio de 20 kilos queda nos 61 euros para os animais procedentes de varias explotacións e nos 66 euros para os dunha única granxa. O prezo por kilo sitúase en 3,05 e 3,30 euros respectivamente.

No referido ós ovos, ao igual que a semana pasada non houbo cambios: as categorías XL e L mantéñense nos 1,40 e 1,02 euros a ducia, respectivamente. Para a M e a S o prezo queda tamén igual: 0,97 e 0,82 euros a ducia, respectivamente.

A galiña de desvelle sobe 0,01 euros o kilo e queda nun intervalo de entre 0,11 e 0,19 euros o quilo.

Por ultimo, no coello non houbo cambios na Lonxa de Madrid e queda o quilo nos 1,95 euros.

silleda_19_3_4_porcino

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información