Soben o porco cebado e os ovos en Silleda

Acordos das mesas de prezos da Central Agropecuaria de Galicia do 9 de xuño. Este martes non se celebraron as subastas de gando e o vindeiro 16 de xuño só se realizará a subasta de recría.

Soben o porco cebado e os ovos en Silleda

Este martes, debido á Feira da Semana Verde, só se celebraron as reunións das mesas de prezos da Central Agropecuaria de Galicia. O máis salientable foron as subas no porco cebado e nos ovos, mentres que os leitóns seguen á baixa.

En concreto, acordouse unha suba do 0,05% nas cotizacións medias dos ovos, un producto que xa leva varias semanas á alza. Deste xeito, os ovos quedaron nos 1,35 € para os XL; 1,15 € a ducia para a categoría L; 1,03 para a M, e 0,88 € a ducia para os de clase S. En canto ás galiñas de desvelle, subiron un 0,01%.

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, as cotizacións tamén se mantiveron sen cambios con respecto á semana pasada, nos 1,50 €/kilo.

Sobe o porco cebado e baixan os leitóns

En porcino, a mesa de prezos acordou unha suba do 0,02% para selecto e categoría normal, e do 0,026% para categoría de canle II.

Nos principais mercados europeos os prezos tamén están á alza, como en Alemaña -unha suba do 0,03%- ou estables, como en Dinamarca.

En canto aos leitóns, acumulan varias semanas de baixadas, un 2% esta semana, quedando os prezos nos 36 € para os procedentes dunha única explotación e en 31 € para os procedentes de varias.

As cotizacións de porcino cebado quedaron do seguinte xeito:

cotizacions_porcino_silleda_09_05_2015

O próximo martes só haberá subasta de recría

Por motivo de utilización das naves coa Feira Semana Verde de Galicia, o
martes 16 de xuño, só se realizará a subasta de recría.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información