Soben as entregas de leite e continúa a tendencia á baixa no prezo

Soben as entregas de leite e continúa a tendencia á baixa no prezo

O último informe de entregas de leite en España, correspondente ó mes de xuño, continúa na tendencia de lixeira baixada dos prezos iniciada en xaneiro. Se o prezo do leite no campo se situaba en decembro pasado en Galicia en 32,2 céntimos por litro, na actualidade está en 30,4 céntimos. A nivel do conxunto do Estado, o prezo medio pasou de 33,4 en decembro a 31,3 en xuño, cunha caída de -0,3 céntimos no último mes.

En comunidades veciñas, Asturias sitúase en 33,9 céntimos (-0,2 céntimos o último mes) e Castilla y León en 31,6 (-0,3 o último mes).

As entregas, entre tanto, continúan en ascenso. En xuño aumentaron un 3,3% no conxunto do Estado, se ben en Galicia a alza foi maior, dun 4,5 %. No primeiro semestre do ano, a produción española foi un 2,9% superior á do mesmo periodo do pasado exercicio.

Calidades
En canto ás calidades do leite, como é habitual, Galicia lidera os niveis de graxa na España peninsular, con 3,68% (polo 3,57 de media estatal) e sitúase na media española en proteína (3,22).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información