Soben en marzo os prezos dos produtos lácteos na Unión Europea

MERCADO LACTEO PREZOS MARZO 2021Evolución positiva dos mercados lácteos na Unión Europea no que vai de 2021, cunha suba dos prezos dos produtos lácteos, unha tendencia que paradoxalmente non se está a trasladar aos prezos que perciben os gandeiros.

En concreto, e segundo os datos que ven de publicar esta semana o Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea os prezos da manteiga na UE medraron no que vai de marzo un 5%, ata os 3,91 euros o kilo; o leite en pó desnatado (SMP polas súas siglas en inglés) tamén se revalorizou un 3,1% ata os 2,45 euros o kilo, unha suba que foi maior no caso do leite en pó enteiro (un 5,8% máis), que quedou nos 3,17 euros o quilo. Polo que respecta ao queixo chedar, o prezo mantívose estable, nos 3,08 euros o quilo, cunha suba do 0,2% no mes de marzo.

Nos outros tres principais exportadores de produtos lácteos, houbo tamén subas importantes en Nova Zelandia e Australia, mentres que en Estados Unidos apenas houbo oscilacións nas últimas cotizacións.

MERCADO LACTEO EXPORTS MARZO 2021 MERCADO LACTEO EXPORTS UE MARZO 2021

Máis información: https://ec.europa.eu/info/sites/info/files/food-farming-fisheries/farming/documents/dashboard-dairy_en.pdf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información