Soben 5 euros os precios do gando de recría do Mercado de Amio

Soben 5 euros os precios do gando de recría do Mercado de Amio

Os prezos do gando que concorreu esta semana ao recinto feiral do Mercado de Amio soben 5 euros no caso da recría e 0,05 euros os das canais de vacún mediano e o maior de matadoiro.

No caso da Terneira Galega, os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida decidiron por unanimidade modificar a estrutura da táboa e regularizar os prezos nos termos que se indican no documento adxunto.

En canto á asistencia, na sesión de hoxe rexistráronse 1.344 reses, 130 menos que na do 22 de xaneiro. En detalle, foron 1.136 cabezas de vacún menor (-106), 37 de vacún mediano (-28) e 171 de vacún grande (+4).

Máis información

– Táboa completa de cotizacións (29-01-2025)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información