Na sesión desta semana do Mercado de Amio, os prezos do gando que concorreu ao recinto presentan unha subida de 15 euros na recría da raza frisoa, segundo os datos recabados pola organización.
Ademais, en canto aTernera Gallega, os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida decidiron por unanimidade subir 0,05 euros os prezos de todas as canles de ambas as categorías, Suprema e Ternera, “con vistas a mantelos sen variación durante a próxima semana”, xa que se suspende a sesión ordinaria da Mesa.
Finalmente, os datos de asistencia van en ascenso chegando ás 1.396 reses, 192 menos que na do 19 de febreiro. En detalle, houbo 1.197 cabezas de vacún menor (179 menos que na sesión anterior); 62 de vacún mediano (+8) e 142 de vacún grande (-21).
Máis información´
– Táboa completa de cotizacións (26-02-2025)