Sobe un 14% a venda de maquinaria agrícola nova nos dous primeiros meses do ano

maquinaria roma xaneiro febreiro 2021A venda de maquinaria agrícola nova alcanzou nos dous primeiros meses deste ano un total de 5.160 máquinas inscritas, o 13,61 % máis en comparación coas 4.542 rexistradas en xaneiro e febreiro do 2020, segundo o avance de febreiro de 2021 dos Rexistros Oficiais de Maquinaria Agrícola (ROMA). Desas 5.160 máquinas, 2.863 corresponden a maquinaria remolcada ou suspendida, 1.625 a tractores, 403 a remolques e 269 a maquinaria automotriz.

Así mesmo, no mes de febreiro de 2021 inscribíronse no ROMA un total de 2.920 máquinas novas, o 20,26 % máis respecto ao mesmo mes de 2020, no que se rexistraron 2.428 máquinas. Da cantidade rexistrada este ano, 1.675 corresponden a maquinaria remolcada ou suspendida, 897 a tractores, 220 a remolques e 128 a maquinaria automotriz. Destaca o crecemento do 30,57 % na venda de tractores.

Por comunidades autónomas, en febreiro destacan as 627 máquinas rexistradas en Andalucía, á que seguen Castela-A Mancha (407), Castela e León (389), Aragón (246), Cataluña (230), Estremadura (229), Rexión de Murcia (208), Comunidade Valenciana (158) e Galicia (135).  

Tanto a maquinaria nova como as transferencias entre agricultores, así como a incorporación doutras máquinas á agricultura, contabilízanse a través dos Rexistros Oficiais de Maquinaria Agrícola (ROMA), do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, que coordina e recompila a información facilitada polas comunidades autónomas e elabora un informe mensual cun avance dos datos máis significativos e dun informe anual. Esta información pódese consultar na seguinte ligazón:

https://www.mapa.gob.es/es/agricultura/temas/medios-de-produccion/maquinaria-agricola/estadisticas/avance-2021.aspx

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información