Sobe a Ternera Gallega en 2 céntimos

Siguen cancelados los mercados de gando presenciais ata o 30 de novembro pola dermatose nodular contaxiosa

A mesa de prezos de Ternera Gallega do Mercado de Amio acordou esta semana unha suba de dous céntimos en tódalas categorías.

Os mercados seguen suspendidos ata o 30 de novembro por causa da dermatose nodular contaxiosa, polo que o recinto feiral de Amio e a Central Agropecuaria de Silleda seguen sen ter a súa actividade normal.

Cabe lembrar que tamén se prohíbe a entrada na Comunidade Autónoma de Galicia de animais procedentes de explotacións situadas nas zonas declaradas como restrinxidas á dermatose nodular contaxiosa. Todos os animais bovinos que se trasladen con destino a vida e procedan de explotacións localizadas fóra do territorio galego, independentemente da súa orixe, deberán ser sometidos a unha vixilancia veterinaria oficial dunha duración mínima de 21 días dende a data da súa incorporación á explotación de destino en Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información