Sobe o vacún maior en Silleda e baixan os becerros de recría de cruzamento

Baixa o porco cebado e soben os ovos e os leitóns. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 8 de setembro

Sobe o vacún maior en Silleda e baixan os becerros de recría de cruzamento

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia, en Silleda, caracterizáronse pola lixeira suba do vacún maior e nos tenreiros de recría, os de raza Frisona recuperan os prezos mentres que os de cruzamento industrial baixaron.

Así, nos tenreiros para recría de raza Frisona, os de menos de 20 días pagáronse a unha media de 105 euros; a 119 € os de 21 a 50 días -a categoría máis numerosa-, e a 127 euros os de máis de 51. A pasada semana os prezos foron de 90, 119 e 129 €, respectivamente.

En canto aos becerros de recría de cruzamento industrial, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 271 euros; a 275 € os de 21 a 50 días, e a 386 euros os de máis de 50. A pasada semana os prezos foron de 344, 310 e 385 €, respectivamente.

No vacún maior os prezos rexistraron unha leve suba, agás na Categoría Primeira, na que pasaron de 1.136 euros a 1.109, mentres que as vacas de Segunda, a categoría máis numerosa das tres, se recuperou dos 697 euros da semana pasada a 726 €. As vacas de desvelle tamén subiron ata os 429 euros.

As cotizacións quedaron do seguinte xeito:

COTIZACIONS_VACUN_SILLEDA_9_09_15

Suba nos ovos e do coello

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse subir os prezos un 0,02% para as categorías XL e L e un 0,01% para as M eS. deste xeito, a ducia de ovos quedou nos 1,57 € para os XL; 1,35 € a ducia para a categoría E; 1,21 para a M, e 1,06 € a ducia para os de clase S.

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, por primeira vez en varios meses subiron un 0,2% ata os 1,50 €/kilo.

Baixada no porco cebado

En porcino, a mesa de prezos acordou unha semana máis baixar as cotizacións unha media do 0,02% nas categorías Normal e Selecto, e un 0,026% na Canle II, mentres que a categoría de Desvelle segue igual. Pola contra, en Europa, en Holanda e en Alemaña subiron os prezos do porco cebado un 0,03% e un 0,06%, respectivamente.

En canto aos leitóns acordouse subir os prezos despois de varios meses de baixadas, que quedaron nos 22 euros os procedentes de varias explotacións e nos 27 euros os procedentes dunha única explotación.

As cotizacións de porcino cebado quedaron do seguinte xeito:

COTIZACIONS_PORCINO_SILLEDA_9_09_15

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información